jump to navigation

Novidades Ouvirmos

12 de Xullo 2006 - Enviado por gaitomano a: Novas,Novidades discográficas
Trackback

g_logo.gif
Gravacións inéditas de Antón Corral dispoñíbeis no catálogo de Ouvirmos
Ouvirmos 10 de Xullo 2006

Portada CD-libro Os Montes por vez primeira podemos deleitarnos con 22 pezas inéditas do grupo de gaitas Os Montes de Lugo, gravadas nos anos 70 en ensaios e concursos.Os Montes, sen dúbida os gaiteiros de Lugo, actuaron durante medio século XX en romarías de toda Galiza e conseguiron importantes premios nos concursos de gaitas. VR0110_grafico_portada_montes_baixa.jpg

Fundada polos irmáns Ares López, pola banda pasaron moitos dos músicos de Lugo, entre eles o gaiteiro e artesán Antón Corral, figura destacada na música tradicional galega.
Llengües Vives: o disco, á venda na nosa web Ouvirmos 10 de Xullo 2006.
llengues_vives_baixa.jpg

Llengües Vives, o boletín que informa sobre a actualidade lingüística das linguas minorizadas do sudoeste europeo celebra o seu décimo aniversario (1996-2006)coa edición dun disco.

Trátase dunha compilación dos proxectos musicais máis contemporáneos en galego-portugués, asturiano, éuscaro, aragonés, occitano e catalán. Un persurso multicolor desde Fisterra até as Valadas occitanas.

Unha aposta pola normalización lingüística que podes adquirir en ouvirmos.com e que inclúe a Fermín Muguruza, Mallacáns,… e, desde Galiza, a Non-residentz, Marful e Ecléctica Ensemble.
Presentación das gravacións restauradas de Cantigas e Agarimos
Ouvirmos 10 de Xullo 2006

O próximo 13 de xullo Compostela vai vivir un Portada CD-libro Cantigas e Agarimosacontecemento histórico ao que debedes acudir; estades convidadas.

No Teatro Principal de Santiago de Compostela, ás 20:30h, presentaremos a restauración das primeiras gravacións do Coro Cantigas e Agarimos (1952) cun concerto da propia Agrupación.

A Agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, é un dos máis relevantes coros galegos. Entre as pezas deste disco destaca A virxe de Guadalupe. A rianxeira, primeira gravación realizada en Galiza do que sería o maior éxito discográfico da música popular galega.

VR0111_grafico_portada_cantigas_e_agarimos_baixa.jpg

Xa ao voso dispor na nosa web. ouvirmos.com

Comentarios

Comentarios fechados