jump to navigation

CMTF en Barcelona

17 de Maio 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,aCF Fotos,Concertos,Novas
Trackback

O CMTF de Lalín (Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín) participou esta fin de semana en SONGALIZA, I Ciclo de Música de Galiza en Cataluña.

Un grupo de alumnos do centro lalinense trasladouse a Barcelona, onde actuaron a mañán do domingo na praza do Rei. Algúns mestres do centro tamén impartiron talleres de instrumento dentro do programa de actividades do ciclo. A experiencia foi moi positiva, tamén polo boa acollida por parte do público catalán.

concerto CMTF.JPG

Máis información:
www.songaliza.com

Este sábado comeza o derradeiro monográfico. APRENDIZAXE DE CANCIÓNS DO REPERTORIO TRADICIONAL GALEGO-PORTUGUÉS. Imparte J. Luis Do Pico Orjais (mestre de primaria, cofundador do CMTF e responsable da reedición do Cancioneiro de Inzenga). Sábado 19 de Maio de 10 a 14 e de 16 a 19. Matrícula 30 €.

Comentarios

1. MAURO - 1 de Xuño, 2007

FOI UN PRACER ESTAR ALÓ TOCANDO PARA OS CURMÁNS CATALÉNS QUE NOS TRATARON TAN BEN ENOS ESCOLERON UN LUGAR TAN BONITO COMA A PLAÇA DEL REI!