jump to navigation

Concerto Aberto 07

28 de Xuño 2007 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Axenda,Novas
Trackback

CONCERTO ABERTO _
Salón teatro de Lalin, dia 30 ás 17 horas.
Concerto do Conservatorio Folque de Lalín.
O CMTF despidese do curso dunha maneira muito especial e distinta cada ano. Nos anos anteriores o CMTF ten proxectado o documental de Pucho Boedo con a presencia de Xurxo Souto, realizado seráns,  presentación de libros musicais etc.
 Cada fin de curso está levado por un presentador doutra disciplina artística ou da mesma, presentadores utópicos e pouco habituais . Pasou polo Salon Teatro Sonia Levedisky, Luis o Caruncho, Celso Sanmartín, Carlos Santiago,Misha Bies Golas, Alberto Indeza,  Pepa Yañez……….
O presentador deste fin de curso  06/07 é VITOR MOSQUEIRA (Mofa e Befa). Vitor interpretará a un músico fustrado que toca a guitarra, o clarinete, a pandeireta…

victormosqueira2.jpg
Contaremos tamén cunha convidada ben coñecida do centro: Mercé de Rande, coreografa galega asentada en Zurich e bailadora no espectáculo Salon de Baile de Marful. O primeiro curso que organizou MERCÉ DE RANDE en Galiza foi no CMTF baixo o título: Desinibición vocal corporal no 2001.
O concerto aberto é unha mostra do que se coce nas aulas e nos corredores do centro. Teremos oportunidade de escuitar o Combo Folque (un espazo de cada sábado ás 13h. donde calquer alumno de calquer nivel do centro ou de fora ten o impulso de tocar en coleitividade, unha jam sesion dentro do centro cada sábado), qué é o que fan os da Escola Folque Infantil, a aula de gaita, as preciosas melodias que arranxa Guadi Galego (profesora de canto) para os seus alumnos que versionaran “Laurindinha” de Chouteira con Beatriz DIaz como solista.

O concerto remata con o Combo que representou ao CMTF nas xornadas de mùsica galega na Praça del Rei en Barna. Un grupo composto polo futuro da música galega de alta calidade, talento e creatividade. Unha delicatessen final.

Auditorio Municipal de Lalín ás 21h.

Concerto do mestre gaiteiro EDELMIRO FERNANDEZ acompañado da Banda Municipal de Lalín.

foto_edelmiro.jpg

 
Edelmiro Fernandez é un dos gaiteiros mais admirados e respeitados no mundo da gaita galega. O seu curriculun bota por fora en canto a premios, viaxes, representacións, colaboracions discográficas. É mestre de gaita no CMTF de Lalín e o concerto con a Banda de Lalín estará cheio de elegancia e humildade dun mestre con maiúsculas.
“… pido humildade para a gaita” dixo Moxenas.

Contato Comunicación Begoña Lorenzo. tlf.646 572076

Comentarios

Comentarios fechados