jump to navigation

X Aniversario da escola de Música Tradicional da Baña

23 de Maio 2008 - Enviado por XURXO VALES a: Axenda,Concertos,Novas
Trackback

O vindeiro 23 e 24 de maio celebrase o X Aniversario da escola de Música Tradicional da Baña co seguinte programa:

Venres ás 21:00 h. na Casa da Cultura de San Vicente, a Baña:
Obradoiro de regueifas con Benito Lobariñas e Josiño ( o Xordo e o Caco).
Concerto didáctico con Pablo Carpintero.
Sábado ás 20:30 na Praza do Concello de San Vicente:
Grupo de Gaiteiros “Os Pequenos da Baña”.
Escola de Baile Tradicional da Baña.
Charanga Os Campantes da Baña.
www.musicasdaulla.blogspot.com

Comentarios

1. Carlos Mouriño - 28 de Maio, 2008

Este cartel e un plaxio do Memorial Manuel Villanueva do ano pasado

2. Oscar Ibáñez - 28 de Maio, 2008

Boas, son Oscar Ibáñez, Presidente da Asociación Cultural Pai da Cana, unha das asociacións organizadoras do Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

Escrebo este comentario en referencia ao cartel utilizado para o X Aniversario da Escola de Música Tradicional de A Baña. Dito cartel é un auténtico plaxio do cartel do II Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste, deseñado pola empresa Trisquelia Comunicación Integrada e que contou co permiso do pintor Barreiro para a utilización da imaxe do seu cuadro titulado “Gaiteiro” para dito evento, dito permiso soliciteino eu personalmente.

Xa que en ningún momento se nos comentou nada nin se nos pedíu permiso nin a nós como organizadores, nen a empresa que deseñou o cartel orixinal e como tampouco se informou ao pintor Barreiro da utilización do seu cuadro e mesmo se lle cortou a parte de abaixo ocultando a súa firma, comunico a través deste comentario que se están a empreder medidas legais contra este feito.