jump to navigation

Ciclo Músicas Portuarias. Marcelo Mercadante. Venres, 20 xuño. Teatro Jofre

19 de Xuño 2008 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Concertos,Novas
Trackback

O Ciclo de Músicas Portuarias é unha mostra que convoca a unha serie de artistas galegos e internacionais co denominador común da música xurdida da cultura urbana dos portos. Unha música popular reflectida no sentir ecléctico e variado, cheo de influencias que agroman nun estilo propio de cada lugar xeográfico.

Un xénero musical por cada concerto deste Ciclo que se abre cun maestro consagrado -aínda sendo moi novo en idade- do tango porteño, Marcelo Mercadante.

Marcelo_Mercadante

Se hai algún instrumento que mellor reflite o intercambio musical nos portos é o acordeón, difundido extensivamente dende finais do XIX nos centros marítimos de Europa e América. Unha das particularidades locais máis destacada ao sentir galego è o acordeón na Arxentina: o bandoneón.

Marcelo Mercadante é un deses virtuosos do instrumento que lle dan vida ao tango.

Máis información, descargas de temas, fotografías…

– sitio web:
http://www.marcelomercadante.com/

-o seu sitio en Myspace:
http://www.myspace.com/marcellomercadante

Nado no 1969 en Bos Aires. No 1991, co Octeto La Sombra, gañan a 2ª Bienal de Arte Joven de Bos Aires.

No ano 1992 trasládase a Barcelona onde se presenta co actor Pepe Rubianes no Teatro Goya.

Formacións significativas das que forma parte a finais dos 90 son: Trío arxentino de Tango, o Cuarteto Araca, Quinteto Sur e Quinteto Porteño, xurdido da súa necesidade de compoñer, dirixir e arranxar. Publica con eles no 2002 o CD “Esquina Buenos Aires”.

Colaborador regular con músicos doutros xéneros coma Joan Manuel Serrat, Los Sabandeños, Nina ou o cantaor Miguel Poveda do que se prepara unha inminente edición discográfica.

Como solista, preséntase coa obra de A.Piazzolla “5 Sensaciones de Tango” coa Orquesta Nacional de Cámara de Andorra. Ademais, toca coa Orquestra Nacional de Barcelona e Catalunya e coa de Euskadi.

En 2006 interpreta o Concerto para Bandoneón e Orquestra “Aconcagua” de Astor Piazolla coa Orquesta Sinfónica de Galicia.

Suburbios del alma”, publicado no 2007 é o seu último traballo con composicións propias e de Pablo Marchetti. Tango vocal e instrumental en estado puro.

O concerto para este Ciclo de Músicas Portuarias será coa formación Quinteto Porteño, basado en repertorio instrumental composto polo propio Marcelo, adaptacións de tangos tradicionais e versións de Astor Piazzolla.

Músicos do espectáculo:

Comentarios

Comentarios fechados