fingoi

NA GRANXA ESCOLA DE BARREIROS

1º Curso de Música Tradicional

05/02/2010

O centro de música Fingoi organiza para os vindeiros 19 e 20 de marzo cursos cos mestres Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján "Chino" e Javier Feijoó "Chisco" nas especialidades de gaita, percusión e canto e baile.




O obxetivo do curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do folclore.

 

Especialidades

1º Aulas de gaita e Obradoiros relacionados co instrumento.

2º Aulas de tambor, bombo e pandeireta e Obradoiros relacionados coa percusión tradicional de todo tipo.

3º Aulas de canto tradicional e Obradoiros de baile.



Contidos


Por unha banda realizaranse aulas específicas de cada instrumento cunha finalidade de mellora individual e de motaxe dun repertorio común. Por outro lado tamén se realizarán seis Obradoiros. De forma que poderán participar todos os alumnos que o desexen, e incluso poderá asistir xente que sin tocar ningún instrumento queira asistir só aos

 

Obradoiros:


-Obradoiro de construcción de pallóns de cana para gaita.

-Obradoiro de Afinación de gaita: presentación do funcionamento do Punteiro Afinable, revolucionario invento na afinación gaita galega.

-Obradoiro de construcción de percusión miuda: tarrañolas, etc...

-Obradoiro de técnicas de interpretación nos intrumentos da percusión galega menos coñecidos: Pandeira, cunchas, culleres, pitos, etc...

-Obradoiro sobre Estratexias no baile tradicional galego. Métodos para o entendemento da dinámica do baile tradicional galego e a súa didáctica. (En dúas sesións)





FOLIADA: o remate de cada día faráse unha foliada conxunta de todas as especialidades.


INFORMACIÓN XERAL


Número de prazas: 15 por especialidade
Número de horas de formación: 16

Certificacións: Expedirase Certificado de Asistencia ao remate do curso, sempre e cando as faltas non superen o 90% da duración do mesmo.

HORARIO

Venres 19 de marzo: 10 h- 14h; 16 h-20 h

Sábado 20 de marzo: 10 h -14 h; 16 h- 20 h


LUGAR DE CELEBRACIÓN

Granxa Escola de Barreiros, Estr. Sarria-Portomarín km. 54

Lg. de Ortoá, Sarria (Lugo), Telf.: 982 533 656 · Fax: 982 533 864

Ligazóns

icon


0 Comentarios

Deixe o seu:

Formulario de envio de comentarios



Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un x a continuacion un K a continuacion un 7 o seguinte e un 8 o seguinte e un e agora z agora V