Matamá Ensemble presentan proxecto

DARÁN CONCERTOS EN VIGO E NO CARBALLIÑO

Matamá Ensemble presentan proxecto

27/04/2010

Matamá Ensemble é unha formación que aposta pola actualidade e contemporáneidade da música tradicional galega sen ningún tipo de complexo. Presentan o seu espectáculo na taberna Rianxeira en Matamá (Vigo) o vindeiro venres 30 de abril ás 23 h. Se non os pillades desta, ademais tocarán o 14 de maio no Parrafadas en Vigo e 16 de xullo no Carballiño.

Esta nova formación está integrada por: Lucía Comesaña (sanfona electroacústica), Noa Vidal (percusións), David Bellas ( saxo soprano), e Xián Herrera (gaita de fol), todos eles, novos pero grandes e estudiados músicos.

 

Arranxos elaborados por riba das melodías e clichés coñecidos por todos, é unha proposta que evita a indiferencia. 



0 Comentarios

Deixe o seu:

Formulario de envio de comentarios



Debes cubrir o campo de texto coas letras e numeros aqui expostos: primeiro un M despois 7 despois pon a  X agora X o seguinte e un P