
ACABA DE PUBLICARSE O ÚLTIMO NÚMERO DA REVISTA
A música tradicional como ferramenta educativa é o tema adicado no último número -de periodicidade cuadrimestral- da RGE (Revista Galega de Educación) con interesantes artigos escritos por docentes e investigadores en activo e desde diferentes referencias coordinados por Tino Labaña .. Colaboran, entre moitos outros, Baldomero Iglesias, Guadi Galego, Fernando Abreu, Luís Prego, Xaneco, Xaime Estévez, Manolo Maseda, Pablo Carpintero, Alexandre Sotelino,...

NA CATEGORÍA DE PROPOSTAS ESCÉNICAS
O Instituto de la Juventud (Injuve) do Ministerio español de Igualdade, publicou o fallo dos distintos xurados sobre os premios 'Creación Injuve ' nas seu oito modalidades. En Propostas Escénicas, recibiu o galardón a peza de danza contemporánea "Habelas " da compañía galega Traspediante. Ademais do premio en metálico, terán que representar a obra no Cículo de BB.AA. de Madrid o vindeiro 18 de setembro.
"Habelas" será representada na Mostra de Teatro de Cee o martes 24 de agosto no Auditorio Municipal ás 24 h.

CUMBIA E VALLENATOS AO SON DO ACORDEÓN DIATÓNICO
Por vez primeira o grande acordeonista Colombiano, o rei da cumbia e o vallenato, actuará en Galiza con dúas actuacións estelares. Co seu quinteto no Ciclo TRad de Carballo -venres 20 de agosto ás 22.30 h na praza do Concello- e en cuarteto no Festival dos Abrazos de Santiago -sábado 21 ás 20 h na Praza de San Martiño Pinario-. Música de baile, lixeira e con moita forza ao ritmo do acordeón diatónico, as congas ou a guacharacha que non deixarán a ninguén no sitio sen mover os pés.

NUN DOS CURSOS MONOGRÁFICOS DO 2009
En abril de 2009, aCentral Folque e Espazos Sonoros organizaron na Sala Nasa de Santiago, un obradoiro de gravación en formatos pioneiros na captación do son co especialista inglés Aleksander Kolkowski quen axudou a gravar en gramófono e fonógrafo aos asistentes á sesión. Recollemos neste vídeo o tema que os mestres de percusión e gaita, "Chuco" Estévez e Edelmiro Fernández fixeron en cilindro de cera sobre unha foliada, lembrando así a 1ª gravación da historia en Galicia do coro Aires d'a Terra de Don Perfecto Feijóo no 1904 para a Compagnie Française du Gramophone. Podes ver o vídeo na Folque TV ou en www.folque.com na sección de +folque/videos

NOVO DISCO DE MADAMME CELL
Acaba de sair publicado o último traballo discográfico de Madamme Cell "Licenciado en humano", un CD de música con poemas do autor e ilustracións orixinais de David Creus, un magnífico disco de inquietudes experimentais divido en tres partes ben diferenciadas: solos ao piano preparado, texturas de sons sintéticos e loops de samplers electrónicos. Este é un traballo na búsqueda do minimalismo sonoro e das texturas auditivas organizadas en células musicais a desenvolver.
Madamme Cell (a.k.a. Nacho Muñoz) é un dos compositores músicos máis veteráns da escena do folk galego (Armeguín, Fol de Niu, Mercedes Peón) reconvertido en improvisador e artista experimental.

"MANUAL DE SEDUCIÓN" SAIRÁ ESE DÍA Á VENDA
O novo e esperado disco de Marful terá unha única presentación no teatro Colón de Coruña o vindeiro 16 de setembro. Na web do grupo podes ver e escoitar un avance do novo traballo, "Manual de sedución". As entradas para este concerto podes adquirilas aquí.