SUCESO DE PÚBLICO E AMBIENTE
Este sábado comezou a actividade na Praza de Abastos de Vilaxoán dentro do programa de Sabores e Saberes para a dinamización deste espazo singular na vila arousana. A inauguración do venres tivo momentos moi especiais, coma a homenaxe a José Durán Martiñán, Pelonio, mariñeiro de Vilaxoán que fixo cantar a todos os presentes. O domingo, a praza e os espazos adxuntos estiveron cun continuo movemento de xente que atendeu ás demostracións culinarias de Julián Dominguez -e de Nacho Costoya o domingo de deseño de cócteis- a homenaxe á redeira Tucha con Xurxo Souto, o concerto dos Tres Trebóns, obradoiros infantís con ADEGA e a AFI...
Podes ver a galería de fotos da sesión inaugural e do primeiro domingo aquí

acentral folque ensina
O equipo de aCentral Folque atópase preparando o novo curso escolar 2010/2011 nas escolas que xestiona en SAntiago de Compostela -Escola Livre da MPG- e Pontevedra -Aula Folque infantil. En breve estará toda a información actualizada nesta web.
O prazo de inscrición para as materiais instrumentais da Escola Livre da MPG abrirase o vindeiro luns 13 de setembro

EN VILAXOÁN DE AROUSA
As actividades ao redor da praza de Abastos de Vilaxoán comezarán nesta intensa programación ao redor da música, os productos locais, a cociña, obradoiros de participación,... nesta primeira xornada coa inauguración o sábado 4 de setembro co pregón de Uxía e a homenaxe ao mariñeiro, a actuación do Combo Mariñeiro de Vilaxoán, os cockteis de Nacho Costoya e a sesión DJ con Bigote Mix.
O domingo comezarán as actividades na praza mesma a partir das 10h. Máis detalles aqui

EN CARBALLO EN AGOSTO
Cun moi bon saber de boca remata este Ciclo Trad 2010 que xirou ao redor de dúas manifestacións de arraigo en Bergantiños: o acordeón e a regueifa. O último día, adicado precisamente á esta forma de improvisación oral estivo cargado de actividades sobre o "repente" ou "regueifa". Houbo actores, clowns, dramaturgos, comunicadores, investigadores, programadores,... e os regueifeiros Suso e Fermín de Xornes, Guillermo da Ravadeira, Luís "O Caruncho" ou benito Lobariñas que no xantar e no palco deleitaron aos presentes coa súa sorna e controversia. Podes escoitar un extracto desta sesión aquí ou mirar en imaxes na galería de fotos de www.folque.com.
O remate o puxeron Os Carunchos, nun concerto nocturno e feliz.

Ciclo TRAD E PRAZA DAS LETRAS COA REGUEIFA
Este sábado 28 de agosto, acontecerá en Carballo un día cheo de actividades ao redor do repentismo ou improvisación oral, o que na zona de Bergantiños se coñece coma "regueifa". Acubilladas entre a programación do Ciclo Trad e da Praza dos Libros, a Feira do Libro de Carballo, reunirán a máis de trinta especialistas e interesados na materia. Unha xornada pensada pra amosar o fenómeno da improvisación oral como disciplina de comunicación, oralidade, locución, controversia, poesía, música, pedagoxía, lingüística...
Para ver o programa completo, pica aquí

GASTRONOMÍA, MÚSICA, OBRADOIROS, ENCONTROS, TEATRO, PRODUTOS LOCAIS...
O xoves 26 de agosto preséntase ante os medios "Sabores e Saberes", actividades culturais no mes de setembro para dinamizar a súa Praza de Abastos. Asociacións culturais, produtores locais e empresas súmanse a esta iniciativa do Concello de Vilagarcía de Arousa, en colaboración co Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque, e co patrocinio da Unión Europea. Uxía, Mofa e Befa, Carlos Blanco, Trioliro regueifeiros, Tango Bar, Os tres Trebóns,... serán parte dos artistas que actuarán dentro do extenso programa nos domingos de setembro en Vilaxoán.