Aula Folque Infantil de Pontevedra

AFI
A AFI de Pontevedra é a sección infantil do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque. A AFI nace no curso 2002/2003, ofertando un ensino creativo, diversificado, aberto, experimentador e revolucionario sen parangón no ámbito da educación musical galega.
Pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música.

Os cursos están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 5 e 13 anos.

Horarios

A AFI imparte as súas aulas os venres á tarde

O Laboratorio de Sons os sábados á mañá

Onde está

Nas aulas do antigo Conservatorio de Música de Pontevedra

Alfonso XIII, 7
36001 Pontevedra
Teléfono: 698 169 372

Obxectivos

  • - Ofertar dun xeito integrado o ensino da música tradicional galega nas súas catro vertentes principais: canto, percusión, baile e melodía instrumental.
  • - Pór a disposición do alumnado aulas e espazos creativos coma o laboratorio e o estudio de gravación onde poidan desenvolver e autoxestionar as súas capacidades compositivas e creativas.
  • - Ampliar a escasa oferta de centros de produción artística infantil  existentes no ámbito galego.
  • - Facer que a AFI sexa un espazo accesíbel aos nenos máis desfavorecidos economicamente. Así, en 2008 ábrense seis prazas para familias sen recursos.
  • - Achegar a tecnoloxía dixital e o software libre ao público infantil partindo das gravacións e manipulacións das súas propias músicas e imaxes no estudio audiovisual da AFI.
  • - Proseguir co proceso de desenvolvemento e consolidación de existencia da Compañía Infantil AFI.
  • - Manter o contacto permanente con outros espazos de ensino musical e artístico, a través de aCentral Folque e asociacións culturais coma Alg-a.org, Olho Livre ou Paspallás.

patrocinadores

Concello de Pontevedra. Cultura

Programa

Espectáculo da AFI e do Laboratorio de Sons