Benvid@ a folque.com v2.0 narf
    folque.com

· portada
· modo texto
· comunidade
· folque.com

· tendaFOLQUE

seccións
· novas

· escritos
· ···· crítica
· ···· crítica musical

· proxectos EX
· ···· pm
· ···· concursos

· MúSICA

    en Rede

Temos 9 convidados e 0 usuarios en rede

É un usuario anónimo. Pode rexistrarse aquí.


    aCMTF

· 5 anos de CMTF
· Quen somos?
· Qué fixemos?
· PLAN de ESTUDIOS

· aCMTF novas
· aCMTF escritos

· actividades
· monográficos
· cadernos
· partituras
· persoal CMTF

· proxectos IN
· ···· pm CMTF
· ···· pm asociados

· taboeiro
· ···· fotos

· EFI
· AFI
· combos

    apartados

· ligazóns
· sitios recomendados

· descargas
· preguntas comúns
· pesquisador

· os máis
· estatísticas
· estatísticas plus

· recoméndanos
· legal


Benvid@ a folque.com

Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque

[ 5 anos de CMTF ][ Quen somos ][ Qué fixemos ][ PLAN de ESTUDIOS ]

folque.com
é o sitio web da aCMTF: Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque ...de Lalín
e ademáis é unha revista galega, aberta e libre sobre a música e a cultura folque.

Axenda CMTF:

-----------------------------------------------------------------------------------
II ENCONTRO COA ZANFONA CONTEMPORANEA
ENCONTRO GALEGO DE DIATÓNICO
MOSTRA DE PANDEIRETA PENINSULAR

 
2213 lecturas
 
 
folque.com
Este sitio estivo activo desde o 20 de Setembro de 2004 até o 2 de Junho de 2006.
Durante este tempo publicaron-se 810 novas e estivestedes connosco compartilhando-as 276 usuari@s registrados, acadando cifras tam significativas de visitas como as totais do projecto, aproximadamente 150.000 ou as actuais visitas diarias de promedio, em torno às 500.

Quixera dar-vos as graças a tod@s pola vossa participaçom, desejando que esta versom fosse de utilidade.

Este projecto foi gestionado desinteressadamente e de balde desde o seu inicio por bandua.com como serviço de apoio á importante labor desenvolta pola “Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín”.

Agradescimento especial, como nom à aCMTF, a Ugia e a Pili, e a toda a equipa de trabalho, professores e alumn@s, pola confiança, apoio e aportaçons dadas.

Por suposto, folque.com, nom morre aquí, mudamos de soporte e avançamos uma versom. Deixamos atrás o actual soporte postnuke 0.7.6.2 e nos incorporamos á forte corrente de desenvolvimento do projecto WordPress 2.0.2

Abrimos folque.com v3.0
A principal particularidade de esta nova versom será que em quanto a conteudos estará gestionada integramente pola aCMTF e em quanto a estructura, simplificamos.

Para contactar com o projecto mantemos as duas contas de correio actuais:
    conservatoriofolque[a]folque.com para contactar com o centro docente
    info[a]folque.com para contactar com o sitio web
Iniciamos folque.com v3.0

IMPORTANTE: Se nos segues mediante o feed, lembra-te de actualizalo.
Deixamos o actual: http://www.folque.com/backend.php
Incorporamos o novo: http://folque.com/cmn-wp/?feed=rss2

Beijinhos do webmaster


 
 
Enviado por: bombo
Venres, 02 de Xuño de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
2166 lecturas
 
 
novas
Sorteio muito especial 2
  1. O superpolo da web de Marful foi criado por um artista e desenhador que está envolvido também no projecto de Aduaneiros sem fronteiras. Quem é?
  2. Quem foi o primeiro guitarrista de Marful. O nome do primeiro guitarrista começa por Mi.
  3. De quem é a letra da única cançom em francês do disco... bem, essa é fácil de encontrar.
  4. As fotos fôrom feitas em lugares muito relacionadas com a inspiraçom da música de Marful. Dónde?
  5. Quem inventou o mecanismo do sifom...?


O prémio é um desses fantásticos sifons que aparecem na capa do disco e assinado por toda e todos os marfules. O presente entregarase na rolda de prensa que o grupo dará na Chocolataria de Santiago de Compostela o dia 31 de xuño ás 12 horas.

Envia as tuas respostas e entra no sorteo en:
www.clubedefansdemarful.blogspot.com


 
 
Enviado por: xú
Xoves, 25 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
2203 lecturas
 
 
programacións artistasA Fundación Granell de Compostela acolle o dia 1 de xuño a exposición-presentación do libro Leningrad do artista lalinense Misha Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) e J.Carlos Rodriguez ás 20 horas.
Interpretará Pablo Doval (tuba) unha peza titulada Salve Venere, Salve Marte do autor John Stevens.

Unha historia de amor entre o collage e a poesia.

 
 
Enviado por: xú
Xoves, 25 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
4086 lecturas
 
 
novas

A Coordinadora de Centros Sociais de Galicia (A Esmorga, A Revolta, A Reviravolta, etc... ) ven de publicar un recopilatorio de música en galego de grupos máis ou menos novos e máis ou menos consagrados.

GUEZOS aparece co tema que lle da o nome o seu disco TERRADENTRO.

Os grupos que aparecen son FESTICULTORES, CENK, GUEZOS, GALEGOZ, NAO, A MATRACA PERVERSA, PROJECTO GHARATÁ, POTEMKIM, A BANDA DE POI, NENO PETAKA, SKARNIO, OFENSIVA, OS TRES TREBÓNS, TINO BAZ e LAMATUMBÁ.

Un disco interesante para ver por onde vai a música en galego de hoxe. E a un precio máis que interesante. ...de momento á venda nos Centros Sociais, pero todo chegará.

Un saúdo:
GUEZOS.

 
 
Enviado por: guezos
Mércores, 24 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
2235 lecturas
 
 
axendaPreséntase o resultado das aulas nas que participaron 12 rapaces e rapazas de 7 a 11 anos, o percusionista Xurxo Troncoso, a profesora de canto Pili Araújo, o compositor Nacho Muñoz e o bailarin Marcelo González ao longo do curso 2005-06 nas dependencias do antigo Conservatorio de Música de Pontevedra. Un traballo desenvolto a partir de 4 espazos creativos independentes, unificados posteriormente para deseñar a performance para este sábado, 27 de maio, ás 18.30, no Teatro Principal de Pontevedra.


Virán convidados tamén para este concerto os nenos e nenas da Escola Folque Infantil de Lalín, creando así a primeira oportunidade de convivencia e mostra folque infantil para o público de Pontevedra.

A AFI, Aula Folque Infantil, coordinada pola Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque e promovida polo Concello de Pontevedra, está formada por:

Aula de canto, coordinada por Pili Araújo, traballando con material que provén principalmente da tradición vocal galega, facendo incursións (ou excursións...) a outras culturas musicais do planeta mentras os nenos e nenas ian descubrindo o seu propio son por medio do canto.

Aula de percusión, coordinada por Xurxo Troncoso, traballando coa percusión como extensión do corpo e aportando a súa experiencia no mundo do teatro para misturar son, narrativa e escea.

Aula de baile, coordinada por Marcelo González, centrándose no movemento, a coordinación espacial (individual e colectiva) e o sentido escénico, desde bailes tradicionais galegos a coreografías deseñadas por él mesmo.

Aula de experimentación e escoita, coordinado por Nacho Muñoz dende o material sonoro xerado polos propios alumnos e alumnas, partindo de improvisacións libres (despoxadas de conceptos, normas ou estilos donde a expresión convírtese no máis esencial) ata chegar pouco a pouco á composicións máis elaboradas. O profesor foi un mero intermediario deste proceso compositivo delengando delegando o groso das decisións no alumnado.

 
 
Enviado por: bombo
Martes, 23 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
1981 lecturas
 
 
novasThere isn`t barn without straw...

 
 
Enviado por: gaitómano
Martes, 23 de Maio de 2006

Ler máis... ¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
1998 lecturas
 
 
axendaXa está dispoñible o programa do festival de jazz de Vigo Imaxina Sons 2006, que durará dende o quince de xuño ata o tres de xullo.

Hai tantas cousas interesantes que dan ganas de mudarse a vivir alá, pero entre todas eu destacaría, por destacar algo, a dous referentes do jazz contemporáneo como son o clarinetista Louis Sclavis e os inclasificables The Art Ensemble of Chicago. Un verdadeiro luxo.

Se vos gustan estas músicas, non o podedes perder. E se non vos gustan, ¿será que as tedes probado pouco?
Podedes consultar o programa completo aquí.

 
 
Enviado por: benxa
Martes, 23 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
2097 lecturas
 
 
novasThere isn`t barn wihout straw...

 
 
Enviado por: gaitómano
Martes, 23 de Maio de 2006

Ler máis... ¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
1973 lecturas
 
 
novasThere isn`t barn without straw...

So o 12.6 dos galegos teñen serviza de banda ancha nas suas casas....
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idNoticia=47210

 
 
Enviado por: gaitómano
Martes, 23 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
2154 lecturas
 
 
axendaA Asociación Cultural O Coto de Carballal-Cabral, Vigo quere convidar a todos a asistir ao V SERáN no Colexio Carballal (Avda, Aeroporto-Cabral, Vigo) o dia 20 de maio a partires das 21:30 horas, na que se conta coa participación de diferentes grupos de música tradicional, e pola media noite aperitivo e chocolate para todos os asistentes.

 
 
Enviado por: OCoto
Martes, 23 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
1645 lecturas
 
 
músicaO pasado martes, co galo do Día das Letras Galegas Lamatumbá e preto de 600 almas desexosas de festa prenderon lume no MACUF da cidade da Coruña.

Invitámosvos a ver un mini-vídeo da festa que se montou no concerto na nova web de lamatumbá:

www.lamatumba.com

 
 
Enviado por: sergio-falcatruada.c
Venres, 19 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
1560 lecturas
 
 
proxectos musicaisAVELAÍÑA presenta o seu segundo traballo discográfico “Xan e Sabela” (falcatruada, 06), 14 temas que nos levan por un mesmo fío conductor: a historia de Xan e Sabela, unha parella galega durante os derradeiros anos do século XIX, narrada nas letras de 8 cancións intercaladas por pezas instrumentais que funcionan como ambientes de transición.

Os pontevedreses Avelaíña, cunha formación eminentemente feminina moi pouco habitual nas bandas de folk, apostan por métricas pouco comúns que “desperten” o oído de quen escoita. A instrumentación neste traballo é moi equilibrada, mesturándose sons electrónicos, guitarras eléctricas e instrumentos acústicos propios da música folk.



>> MP3 [ escoita "Catro ou Cinco" ] <<

[ www.avelaina.com ]


 
 
Enviado por: sergio-falcatruada.c
Venres, 19 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
2848 lecturas
 
 
axendaX EDICIÓN DA FESTA DA MAROSA - "GOZA CO SABER DO POVO"
venres 19 e sábado 20
Este ano, para celebrar os 10 anos da festa, engádese un día máis de festa con programación galega.

 
 
Enviado por: Abada
Venres, 19 de Maio de 2006

Ler máis... ¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
1571 lecturas
 
 
axenda
Concerto folk
IRIADONA (Pontedeume)

Casa da Lubre
Rúa Orzán, 68
A Coruña

mércores, 16 de Maio 23h
entrada gratuita


 
 
Enviado por: galaecia
Venres, 19 de Maio de 2006

¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
 
 
 
1607 lecturas
 
 
programacións artistas
  • 16 DE MAIO. NORDESTINAS no Paraninfo da Universidade da Coruña.
  • 18 DE MAIO. NORDESTINAS en Ponteceso.
  • 20 DE MAIO. Presentación do disco de MARFUL en Lisboa. Museo da Republica.

  •  
     
    Enviado por: xú
    Venres, 19 de Maio de 2006

    ¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
     
     
     
    1563 lecturas
     
     
    axenda
    As "Músicas de Salitre" visitan Oleiros e As Pontes.

    O martes 16 de Maio presentación de "Musicas de Salitre" no auditorio A Fabrica de Perillo (Oleiros) ás 21.00.
    O venres 19 de Maio chegará o Salitre até As Pontes, Auditorio cine Alovi ás 21.00 .

    Xabier Diaz e Guillermo Fernandez ao vivo.


     
     
    Enviado por: alzaia
    Venres, 19 de Maio de 2006

    ¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
     
     
     
    1936 lecturas
     
     
    folque.com
    Saudaçons desde folque.com
    Este sitio web entrará esta semana num processo profundo de reformas. Isto afectará a toda a estructura informativa da web e ao processo de gestom da informaçom.

    Desculpas polo incomodo que isto poida causar.
    O webmaster.

    ...continuaremos informando.


     
     
    Enviado por: bombo
    Luns, 15 de Maio de 2006

    ¿comentarios? Envía esta historia a un amigo Versión imprimibel
     
     
     
    1705 lecturas
     
     
    novas

     
     
    Enviado por: bombo
    Luns, 15 de Maio de 2006

    ¿comentarios? Envía esta historia a un amigo