Producións á carta

Detalle da capa do libro
Detalle da capa do libro
aCentral Folque xestiona contidos culturais ao redor da música popular galega. O seu equipo técnico organiza producións por encargo de institucións públicas e en exclusiva ou en colaboración con outras entidades. aCentral Folque deseña producións artísticas á carta a petición de organismos públicos ou privados para cumprir os requirimentos que nos pidan dun xeito solvente e profesional, garantindo unha execución limpa e de calidade.

Desde aCentral Folque tamén levamos a cabo calquera produción que nos sexa proposta.

Se queres ideas para un ciclo musical temático, un festival, obradoiros e conferencias, cursos, asesoramento ou execución técnica escribe un correo electrónico a acentrala r r o b afolque.com

aCentral Folque produciu como proxectos en exclusiva, entre outros, a publicación A La Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba para a a Consellaría de Cultura ou a produción escénica Oleiros con Música, unha xornada de recreación e aprendizaxe sobre a música de raíz e as novas tecnoloxías dirixida a escolares da ESO do Concello de Oleiros.