Artigos destacados

Este é o espazo adicado aos artigos relacionados con aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Pra mercar estes produtos escribe un mail a infoa r r o b afolque.com e se che enviará contrarrembolso.
Lembra que podes ter un 10 % de desconto en todos estes produtos se che fas con un cartón de aCentral -escríbenos un mail se queres máis información.
Noente Paradise, poemas e canções

Noente Paradise, poemas e canções


ATravés Editora 2010

Resumo: "Quem busque um poemário encontrará se calhar um livro de canções. Se buscas canções tal vez te surpreendas lendo um poemário ou um manual de baile. Noente Paradaise é um híbrido. Ugia Pedreira atirou ao público, desde antes dos remotos tempos de Chouteira, voz e olhadas, mesmo sinais. Agora atira-se ela sem mediação. Resgata as retóricas que arrouparam músicas eclécticas, marfulianas, nordestinas ou matraqueiras e acrescenta-lhes cantigas ainda não musicadas (leia-se poemas à percura de melodias). Ugia despe a palavra e partilha-se sobre o papel e detrás da câmara. Convida ao seu público e ao que não é seu nem público, a quem queira abrir os olhos e deixar-se invadir." Por Martázul Busto

Prezo: 20 euros

Ayes de mi Pais!: O Cancioneiro de Marcial Valladares

Ayes de mi Pais!: O Cancioneiro de Marcial Valladares


DosAcordes 2010

Resumo: edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, "Ayes de mi país", compilación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX e que nunca foran publicadas na súa totalidade. Exhaustivo traballo feito polos investigadores José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin nunha análise histórica, documental e musicolóxica.

Prezo: 30 euros

comprar
Madamme Cell: Licenciado en humano

Madamme Cell: Licenciado en humano


nonou edicións 2010

Resumo: CD de música con poemas do autor e ilustracións orixinais de David Creus. "Licenciado en Humano" é un magnífico disco de inquietudes experimentais divido en tres partes: piano preparado, sons sintéticos, samplers electróncos. Un traballo na búsqueda do minimalismo sonoro e das texturas auditivas organizadas en células musicais a desenvolver. Madamme Cell (a.k.a. Nacho Muñoz) é un dos compositores músicos máis veteráns da escena do folk galego (Armeguín, Fol de Niu, Mercedes Peón) reconvertido en improvisador e artista experimental.

Prezo: 15 euros

Linho do Cuco 3

Linho do Cuco 3


Autoedición 2010

Resumo: Este traballo supón un xiro de estilo e sonoridade onde conflúen tendencias centroeuropeas e timbres populares galegos en perfecta conxunción.
En III conflúen as experiencias dos oito compoñentes a nivel individual coma a nivel grupal, co que o disco convírtese nunha concentración disolta nunha ducia de cortes que sorprenden pola orixinalidade e a elaboración dos arranxos, intrépidos e desvergonzados.
Sen caer na pretenciosidade e fuxindo de clichés explícitos, Linho do Cuco III, sincretiza elementos propios e alleos nun confluir musical do que agardamos gostedes.

Prezo: 10 euros

Descarga ao Vivo: Cuba - Galiza

Descarga ao Vivo: Cuba - Galiza


Editorial: Falcatruada. 2009

Resumo: Gravación ao vivo do espectáculo de reelaboración do repertorio histórico feito por galegos emigrados ou con relación con Cuba ademais de novas aportacións dos músicos da ensemble, entre outros, Edelmiro Fernández, Guadi Galego, Óscar Fernández, Quim Farinha, Xavier Díaz,... Dirixido por Marcos Teria, Pedros Pascual e o pianista cubano Alejandro Vargas.
Inclúe DVD

Prezo: 17,95 euros

Ramom Pinheiro: A la Habana quiero ir: los gallegos en la música de Cuba

Ramom Pinheiro: A la Habana quiero ir: los gallegos en la música de Cuba


Editorial: Sotelo Blanco. 2009
Resumo: Investigación sobre a vida musical que dos galegos tiveron en Cuba desde a emigración masiva do século XIX. Un exhaustivo traballo organizado en dúas seccións: a presencia da comunidade galega na illa e a súa estructuración social e a música dos galegos en Cuba así como a súa hibridación coas tradicións locais..

Prezo: 20 euros

Hermanos Moreira: Acordeón mariñeiro

Hermanos Moreira: Acordeón mariñeiro


Ano: 2009
Os acordeonistas Hermanos Moreira fixeron bailar polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños na Arxentina do s.XX. Chegados desde Ponteceso (Bergantiños) nos anos 20, foron os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón. Este libro-CD recolle das súas gravacións comerciais e unha importante compilación de pezas inéditas, así coma textos e ilustracións da súa historia.

Prezo: 20 euros

Ecléctica Ensemble: Ecléctica Ensemble

Ecléctica Ensemble: Ecléctica Ensemble


Ano: 2008
Inclúe: Vinilo, cartaz e CD
Non foi unha banda, nin o é, nin o será. Pero detrás de Ecléctica Ensemble hai un grupo de músicos dispostos á irreverencia, ao atrevemento, á provocación, á supremacia estética, á maquillaxe, á sátira… a encher a música tradicional de ironía e a darlle voltas até fartar.

Prezo: 22 euros

Etnofolk

Etnofolk


Nº 1 - 13.
Revista de Etnomusicoloxía
DosAcordes. Vigo

Prezo: 8 euros