Descarga ao Vivo: Cuba - Galiza

Descarga ao Vivo: Cuba - Galiza


Editorial: Falcatruada. 2009

Resumo: Gravación ao vivo do espectáculo de reelaboración do repertorio histórico feito por galegos emigrados ou con relación con Cuba ademais de novas aportacións dos músicos da ensemble, entre outros, Edelmiro Fernández, Guadi Galego, Óscar Fernández, Quim Farinha, Xavier Díaz,... Dirixido por Marcos Teria, Pedros Pascual e o pianista cubano Alejandro Vargas.
Inclúe DVD

Prezo: 17,95 euros

Linho do Cuco 3

Linho do Cuco 3


Autoedición 2010

Resumo: Este traballo supón un xiro de estilo e sonoridade onde conflúen tendencias centroeuropeas e timbres populares galegos en perfecta conxunción.
En III conflúen as experiencias dos oito compoñentes a nivel individual coma a nivel grupal, co que o disco convírtese nunha concentración disolta nunha ducia de cortes que sorprenden pola orixinalidade e a elaboración dos arranxos, intrépidos e desvergonzados.
Sen caer na pretenciosidade e fuxindo de clichés explícitos, Linho do Cuco III, sincretiza elementos propios e alleos nun confluir musical do que agardamos gostedes.

Prezo: 10 euros

Madamme Cell: Licenciado en humano

Madamme Cell: Licenciado en humano


nonou edicións 2010

Resumo: CD de música con poemas do autor e ilustracións orixinais de David Creus. "Licenciado en Humano" é un magnífico disco de inquietudes experimentais divido en tres partes: piano preparado, sons sintéticos, samplers electróncos. Un traballo na búsqueda do minimalismo sonoro e das texturas auditivas organizadas en células musicais a desenvolver. Madamme Cell (a.k.a. Nacho Muñoz) é un dos compositores músicos máis veteráns da escena do folk galego (Armeguín, Fol de Niu, Mercedes Peón) reconvertido en improvisador e artista experimental

Prezo: 15 euros

Hermanos Moreira: Acordeón mariñeiro

Hermanos Moreira: Acordeón mariñeiro


Ano: 2009
Os acordeonistas Hermanos Moreira fixeron bailar polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños na Arxentina do s.XX. Chegados desde Ponteceso (Bergantiños) nos anos 20, foron os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón. Este libro-CD recolle das súas gravacións comerciais e unha importante compilación de pezas inéditas, así coma textos e ilustracións da súa historia.

Prezo: 20 euros

Dezas de Moneixas: As cartas sonoras

Dezas de Moneixas: As cartas sonoras


Ano: 2003
As gravacións dos Gaiteiros Os Dezas de Moneixas (1927-1984) son unha recompilación de informacións documentais inéditas, procedentes de fontes orais e documentais directas. Destacan as cartas sonoras (correspondencia de fitas magnetofónicas entre a emigración galega e os seus familiares a partir dos anos 60). Este libro-CD presentado nun formato especial de máxima calidade con dezaoito páxinas

Prezo: 20 euros

Ecléctica Ensemble

Ecléctica Ensemble


Ano: 2008
Inclúe: Vinilo, cartaz e CD
Non foi unha banda, nin o é, nin o será. Pero detrás de Ecléctica Ensemble hai un grupo de músicos dispostos á irreverencia, ao atrevemento, á provocación, á supremacia estética, á maquillaxe, á sátira… a encher a música tradicional de ironía e a darlle voltas até fartar.

Prezo: 22 euros

bOnOvO

bOnOvO


Ano: 2008
bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de colmar as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A mistura das músicas que levan no seu interior conforman o trío... Lixeiramente asíncrono.

Prezo: 12 euros

Guadi Galego e Guille Fernández: Espido

Guadi Galego e Guille Fernández: Espido


Ano: 2005
No 2005 nace o proxecto, unha caste de fusión por roce melódico-armónico de dous compoñentes do grupo Berrogüetto. Unha mestura de creatividade que da lugar a un traballo, como o seu nome suxire, que se ispe de abalorios: tan só unha guitarra, unha voz e algunha que outra programación

Prezo: 12 euros

Ugia Pedreira, Guadi Galego, Abe Rábade: Nordestin@s

Ugia Pedreira, Guadi Galego, Abe Rábade: Nordestin@s


Ano: 2006
Ollada contemporánea á tradición mariñeira. As voces de Guadi Galego e Ugía Pedreira, modelan o repertorio mariñeiro do Norte, envolto coas harmonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o santiagués Abe Rábade.

Prezo: 12 euros

Kibitka: Ida

Kibitka: Ida


Ano: 2009
Kibitka é unha casa migratoria. A bagaxe e as viaxes das oito persoas que van nesta kibitka trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Galiza, Rusia, ritmos e influencias latinas, sonoridades esquecidas…. Un estilo orixinal construído a modo nestes últimos oito anos.

Prezo: 15 euros

Pablo Seoane: Fluíndo en pechado

Pablo Seoane: Fluíndo en pechado


Ano: 2005
3º disco deste gaiteiro da bisbarra compostelá que leva vendidas máis de 3000 copias. Repertorio tradicional co xeito máis arcaico de tocar en pechado pero dentro da linguaxe do folque actual.

Prezo: 12 euros

Baldo Martínez Ensemble: Projecto Miño

Baldo Martínez Ensemble: Projecto Miño


Ano: 2008
Baldo Martínez inspirouse na idea do río como lugar de encontro, de creatividade compartida cun resultado extraordinario: rumor inesquecíbel, alalás de jazz e referencias continuas á tradición musical de ámbalas dúas beiras do Miño.

Prezo: 15 euros

Xavier Díaz: Salitre

Xavier Díaz: Salitre


Ano: 2005
Este primeiro traballo do cantor en colaboración co guitarrista Guillermo Fernández contando coa colaboración de renomeados músicos como Xosé Lois Romero ( Acordeón e Pandeira ) , Paco Dicenta ( Baixo ) , Carmen Rey ( Voz ). Músicas de salitre que celebran a súa salgada liberdade.

Prezo: 12 euros

Xavier Díaz: Coplas para Icía

Xavier Díaz: Coplas para Icía


Ano: 2007
Icía cantaruxaba. Nalgunha casa vella aínda ecoan as coplas que abrollaban nos labores cotiás. Herdanza irrenunciábel, a fala, os contos, as cancións da aldea. Sustento líquido que corre como auga de poza e dilúese na terra. Ulo vai? Cantos séculos entre Icía e nós?.

Prezo: 12 euros

Rao Trio

Rao Trio


O século XXI recolleu unha rica tradición iniciada na década dos 90: a re-invención de instrumentos ancestrais. En plena éxtase de mestizaxes de todo tipoempréganse os instrumentos folclóricos de toda a vida cunha visión totalmente renovada. Linguaxe jazzística para unha sanfona (Germán Díaz), un baixo (César Díez) e unha batería (Diego Martín)

Prezo: 12 euros

Germán Díaz e Pascal Lefeuvre: Dúo de Fuego.

Germán Díaz e Pascal Lefeuvre: Dúo de Fuego.


Ano: 2004
Disco a dúo de dous virtuosos da manivela. O mestre francés Pascal Lefeuvre e o castelán Germán Díaz man a man nun traballo, froito de varios anos de colaboración logo de ter coincidido naquel grande proxecto xa desaparecido da Viellistic Orchestra.

Prezo: 12 euros

Marc Egea: Melanocetus

Marc Egea: Melanocetus


Ano: 2005
Desde o primeiro tema até o último dos nove que compoñen Melanocetus, a sanfona fala con voz propia, soa ou dialogando con instrumentos coñecidos como o cello, o fagot ou o bandoneón. Este é un bonito disco para especialistas e para todos os públicos.

Prezo: 12 euros

Jaime Basulto: Garam Masala

Jaime Basulto: Garam Masala


Ano: 2005
Jaime Basulto experimenta co flamenco e a música de cámara acompañado das súas formacións: El Paño Moruno e Jaime Basulto Octeto. O violoncelo, o oboe ou o clarinete préstanse a esta fusión xunto a unha gran diversidade de instrumentos de percusión.

Prezo: 12 euros

Juan Carlos Cambas: almas en el viento

Juan Carlos Cambas: almas en el viento


Ano: 2007
Música de Raíz Argentina deste gran pianista nun disco con colaboracións de Mercedes Sosa (voz), Jaime Torres (charango), Domingo Cura (percusión) e outros artistas arxentinos recoñecidos no mundo enteiro.

Prezo: 12 euros