Histórico de cursos monográficos
Podes consultar aquí algúns dos cursos monográficos anteriores de
aCentral Folque.
Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais. Santiago de Compostela.
Este curso estará impartido por catro mestres gaiteiros atendendo cada un a diferentes aspectos deste instrumento cun enfoque de estudo e práctica sobre xeitos de interpretación antiga, tipoloxías e estilos.
Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais. Santiago de Compostela
Este curso estará impartido por tres mestres atendendo cada un a aspectos específicos do canto.
Lugar: Espazo Aberto, Salón Teatro, CSC Fontiñas
Este curso estará impartido por catro mestres en aspectos específicos da danza e do baile galego coa especial presencia de János Fugedi de Hungria para impartir un curso específico de notación para baile tradicional.
Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais. Santiago de Compostela
Trátase de un curso de iniciación ao instrumento, dirixido a intérpretes non iniciados no acordeón diatónico.
Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais. Santiago de Compostela
Este curso estará impartido por un mestre en aspectos específicos da guitarra do Brasil.
Lugar: Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela
Trátase dun curso de toma de contacto coas técnicas de improvisación, dirixido a instrumentistas ou cantantes de calquera estilo e formación.
Lugar: Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela
Trátase dun curso de carácter introdutorio que pretende unha adaptación galega do método pedagóxico. Como material de traballo, entregarase un CD con temas de mostra e partituras.
Lugar: Sala Nasa. Santiago de Compostela
Profesionais da Sala Nasa e do grupo Chévere imparten este extenso curso sobre cuestións técnicas que os músicos poden atopar sobre o escenario.