Histórico de producións
Podes consultar aquí algunhas das producións anteriores de
aCentral Folque.
Lugar: Carballo
Data: 20-28 agosto
O Ciclo Trad é unha serie de actividades musicais que abre as fronteiras artísticas e creativas en torno ao concepto "folque". Concibido para traer a vangarda dunha tradición en constante evolución. Unha mirada renovada ás músicas de raíz.
Esta nova etapa do Ciclo en
Carballo xira ao redor de dúas manifestacións vivas na comarca: o
acordeón e a
regueifa.
Lugar: Alameda de Vilagarcía
Data: 6, 7 e 8 agosto
O Ciclo de Músicas Portuarias iniciado en Ferrol desde hai 3 edicións recala no porto de Vilagarcía cunha programación especial centrada en tres das voces femininas máis importantes da Galiza con concertos ao aire libre cos seus últimos proxectos: o
Marful de Ugia Pedreira,
Guadi Galego e o Alejandro Vargas New Trio e o
Uxía Trío. Serán concertos de balde na Alameda a partir das 22.30 h o 6 ,7 e 8 de agosto.
Lugar: Mosteiro de Celanova
Data: 5-6 agosto
Transibérica. é un ciclo de concertos onde artistas da Península Ibérica presentan o seu proxecto no incomparábel marco do claustro barroco do
Mosteiro de Celanova nas noites de verán.
Lugar: Ferrol
Data: 2 ao 17 xullo
As viaxes dos músicos do noso tempo chegan a Ferrol por terceiro ano co Ciclo de Músicas Portuarias. Unha cita no mes de xullo con sons mariñeiros que cheiran a historias, ribeira, peixe e taberna.
Lugar: Marín, O Grove, Moaña
Data: maio e xullo
aCentral Folque celebra neste 2010 o seu X aniversario e un dos xeitos de celebralo será esta serie de concerto/festa aBordo do Pailebote Neves, o único pailebote feito en Galiza que se conserva e está en activo. Ante a ameaza titánica da velocidade e do consumo rápido de ideas e productos, escóllese o tempo e o ritmo do mar. Entrar nun vila polo porto e facer del o centro,
Lugar: Centros Socioculturais de Compopstela
Data: 15 de abril a 8 xuño 2010
Oito propostas de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular co seu proxecto de ensino regular na Escola Livre da MPG nos Centros Socioculturais do concello de Santiago.
"no Campo de fóra" é un ciclo de concertos e outras actividades ao redor da música tradicional reelaborada a celebrarse ao longo da primavera de 2010 en exclusiva para o Concello de Santiago de Compostela.
Lugar: Narón
Data: 18, 19, 20, 21 marzo
O Encontro coa Zanfona Contemporánea é unha produción de
aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, que organiza cada ano co
Concello de Narón. Referente pedagóxico e escénico consolidado sobre este instrumento milenario, cunha orientación moderna para dar a coñecer as tendencias internacionais da zanfona. Esta edición do 2010, xira sobre a
"Zanfona e Voz"
Lugar: Pontevedra
Data: 11-14 novembro 2009
Entre o 11 e o 14 de novembro terá lugar en Pontevedra o VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, DUF.
País convidado: Brasil. Actividades: concertos, obradoiros, exhibicións, charlas, programación infantil. Festival co gallo desta familia de instrumentos con tanta presenza na Galiza (pandeiretas, pandeiras, adufes) e espallada por outras partes do mundo.
Lugar: Santiago de Compostela
Data: Mes de agosto
Festival con máis de 130 actuacións na rúa e lugares emblemáticos de Santiago de Compostela no que aCentral Folque produce e co-organiza 10 concertos.
Lugar: Coruña; Compostela; Vigo
Data: 23, 25, 30 xullo
Espectáculo que xunta artistas de Galiza e Cuba nunha proposta escénica de música instrumental, canción e danza con artistas profesionais galegos e cubanos. Un percorrido por composicións históricas de autores emigrados á illa dende finais do século XIX e novas creacións dos propios músicos da ensemble.
Lugar: Ferrol
Data: entre o 4 e o 18 de xullo
2ª edición deste festival de músicas con cheiro a mar: concertos de artistas internacionais (Uxía, Fred Martins, Norwenn Kolwell), paseos en barco pola ría de Ferrol e circuíto de canto de tabernas
Lugar: Narón
Data: Do 13 ao 15 de marzo
O
Encontro coa Zanfona Contemporánea é unha produción de
aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, que organiza cada ano co concello de Narón. Logo de catro edicións, converteuse nun referente pedagóxico e escénico ao redor deste instrumento milenario, con unha orientación moderna para dar a coñecer as últimas e variadas tendencias da zanfona. A repercusión deste festival descansa dunha banda na especificidade da proposta e da outra, na achega de "mestres" internacionais á Ferrolterra.
Lugar: Pontevedra
Data: do 14 ao 16 de novembro
Entre o 14 e o 16 de novembro terá lugar en Pontevedra o V Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, DUF. Na súa programación constan actividades tan variadas como concertos, obradoiros e exposicións. Este ano, Irán e Exipto participarán no encontro como países convidados.