Proxecto Curricular
O currículo de
aCentral Folque está conformado polo conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación das diferentes materias.
Actualmente o proxecto curricular de centro está en letargo ante a imposibilidade de desenvolvelo completamente pola falta de apoio institucional e agarda unha conxuntura máis favorável pra levalo á praáctica. Porén, presentamos aquí os obxectivos xerais do Programa de Estudos da
Esocola Livre da MPG.
Os estudos impartidos estarán encamiñados ao logro da adquisición, por parte de todo o alumnado, das capacidades que permitan:
- - Coñecer e apreciar os elementos básicos que conforman o sistema musical patrimonial galego.
- - Coñecer e apreciar un repertorio básico adaptado a cada instrumento.
- - Coñecer e apreciar as formas musicais máis elementais.
- - Dominar unha bibliografía básica do seu instrumento e do folclore musical galego.
- - Valorar o inmenso caudal que nos aportan os diferentes folclores musicais do mundo, a diversidade de estilos e conceptos estéticos, o contacto con realidades complementarias á galega, etc.
- - Dominar o instrumento como vehículo de comunicación cos demais. A adquisición desta habilidade permitirá que o alumnado poda expresar a través do seu instrumento toda a súa experiencia musical, os seus conceptos estéticos, o seu discurso melódico e rítmico.
- - Ter a destreza instrumental necesaria para estar en disposición de poder optar a unha ocupación profesional dentro do ámbito da música.
------------------------------------------------------------------------
MATERIAS. Breve sinopse
Aula de canto
Profesores: Paulina Ceremuzynska, Xavier Díaz, Ramón Bermejo, Guadi Galego
Programa compartido por catro mestres que ocuparán áreas específicas da especialidade durante un mes cada un. Paulina: técnica vocal e interpretación, Xavier, cantos vellos para novas voces: cantares populares no século XXI; Ramón: técnicas de canto en grupo; Guadi: reconstrucción e arranxos sobre o repertorio de Cedeira cun pequeno concerto ao rematar.
Horarios: sábados de novembro, febreiro, marzal e abril. De 11 a 14 h e 16,30 a 19,30 h
-
Aula de percusión tradicional
Profesor: Francisco Estévez "Chuco"
Ensino dos xéneros tradicionais galegos e o acompañamento rítmico á melodía partindo do tambor como inicio a seguir doutros instrumentos: pandeiro e pandereita, bombo, percusión miúda (culleres, cunchas,...) ou outros segundo as preferencias do alumno/a. A metodoloxía abrangue a estimulación da sensibilidade auditiva, solfexo para percusión, técnicas de agarre, audicións, articulación,...
Imprescindíbel parche de prácticas, baquetas, e algún instrumento de percusión miúda
Horarios: sábados. De 10 a 14 h e 16 a 21 h
-
Aula de gaita galega
Profesor: Edelmiro Fernández
Repertorio e técnicas modernas e antigas da gaita galega abranguendo todos as aspectos na aprendizaxe do instrumento: organoloxía, tempero, afinación, notación musical para sistemas de DO e RE, ornamentación, dixitación aberta e pechada, interpretación en grupo, repertorio histórico e contemporáneo, introdución á gaita asturiana,.... Ademais do repertorio do programa, a aula está aberta a propostas do estudante acordes a nivel individual.
Horarios: luns. De 10 a 14 h e 16 a 22 h
-
Aula de sanfona
Profesor: Óscar Fernández
As aulas de sanfona consisten no estudo das técnicas de execución actuais; repertorio e xéneros tradicionais galego e doutras culturas; diferentes xéneros da música tradicional; escalas, modos e ritmos máis usados; sistemas de notación musical específico. Especial atención á memorización das melodías, á interpretación en grupo e á independencia do estudante á hora de procurar e adaptar repertorio para tocar en público.
Horarios:en luns. De 10,30 a 14 h e 16 a 21,45 h
-
Aula de acordeón diatónico
Profesor: Pedro Pascual
Achegamento a uns dos instrumentos modernos máis excitantes do panorama das músicas populares. Programa completo plantexado para catro anos: historia, organoloxía, mantemento, técnicas interpretativas elementais e avanzadas, notación e solfexo, harmonía, xéneros, repertorio xeral e específico das músicas onde o diatónico é protagonista, tanto galegas coma doutras culturas así coma estilos e ritmos non asociados ao acordeón diatónico.
Horarios: luns. De 10 a 14 h e 16 a 22 h
-
Aula de violiono
Profesor: Gutier Álvarez
Baseado no ensino de repertorio de gaita principalmente así como na escasamente conservada pero riquísimo estilo en Galiza. Atención tamén a outras culturas europeas onde este instrumento ten unha importante presenza: países escandinavos, illas británicas, centro e leste de Europa. A través de técnica específica para violino: dixitación, tonalidades, ornamentación, golpes de arco,etc. poñendo en valor a transmisión oral e a memoria musical.
Horarios: venres de 16 a 21 h; sábados de 10 a 14 h
-
Aula de frautas e requinta
Profesor: Roberto Sala
Aula centrada nas frautas traveseiras dentro da música popular e no folque. Ensino cos instrumentos de metal ou madeira segundo o interese do estudante e especial atención á requinta como instrumento tradicional galego. O obxectivo é acadar un desenvolvemento técnico óptimo, emisión do son, control da respiración, emprego das chaves, articulación musical, ornamentación propia, coñecemento das escalas e os modos así como adquirir a habilidade de tocar en grupo.
Horarios: sábado de 10 a 14 h 16 a 21 h e luns de 10 a 14 h e 16 a 20 h
-
Aula de Regueifa
Profesor: Luis Correa "O Caruncho"
Materia eminentemente práctica sobre a improvisación oral en Galiza: técnicas, xiros, recursos, musicalidade, métrica, temas,....
Horarios: sábados de marzal de 16 a 20 h
Introducción á teoría da música e ao arranxo folque
Profesores: Benxamín Otero e Pedro Pascual
Materia divida en dúas partes: teoría xeral sobre linguaxe musical, nocións básicas e avanzadas, notación estándar, estudo de cancioneiros históricos galegos,...; parte práctica con introdución á harmonía e arranxos aplicada á música tradicional e folque.
Horarios: mércores de febreiro e marzal de 10 h a 12 h