O CONSERVATORIO FOLQUE DE LALÍN XUNTO COA AULA GOMES MOURO DE OURENSE E A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DA CORUÑA
PRESENTAN ESTAS MASTER CLASS COS GRANDES MESTRES DO FOLK EUROPEO DE BRETAÑA E BULGARIA.

BRETAÑA / O MISTERIO DAS VOCES BÚLGARAS

15 de Decembro
de 10,30 hrs a 13.30 hrs e de 16,00 hrs a 20,00 hrs da tarde
no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín

Os irmans Molard, Erik Marchand, Jacques Pellen, e Jean Michel Veillon levan máis de 10 anos sen vir a terras galegas, polo que consideramos unha oportunidade única e un privilexio para o Conservatorio de Lalín e demais colaboradores a sua presencia aquí.
 

Jacky Molard 
(violin)

Dominig Molard 
(percusión)

Erik Marchand 
(clarinete)

Jacques Pellen 
(guitarra)

Jean Michel Veillon 
(flauta)

Kalinka Vulcheva 
(voz) Directora da Orquesta Nacional de Sofía e solista de "El Misterio de las Voces Búlgaras"


Destinatarios/as: profesionais e afeccioados da música folque, dirección de coros e corais e compoñentes destas, instrumentistas de bandas, etc.


Inscripción
 
conservatoriofolque@bandua.com
conservatorio@lalin.org

986 783570 (tarde)
650 48 22 20 (todo o dia)

Matrícula
Ingreso de 7.000 pts (alumnado conservatorio 6.000 pts) 
antes do 10 de Nadal no seguinte número de conta:
0048 3042 36 0126884847 Banco Simeón
 

Organiza

 
Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín
Colabora
Aula de Música Tradicional Gomes Mouro de Ourense
Sección de Música Tradicional da Escola Municipal de Música da Coruña



...información sobre os músicos:


Jacky Molard

Jacky Molard é un dos directos responsabeis do rexurdir da música bretona nos últimos 25 anos. Instrumentista polifacético (violín, guitarra, baixo etc.), compositor é productor artístico, nestes momentos é considerado coma un dos clásicos incontestabeis da música de raíz en Europa.

Fascina  o seu impulso creativo, cunha visión persoal e carismática, resaltando a súa capacidade para adaptar o espíritu da tradición a novos espacios musicais pensados na orixe para experiencias musicais de vangarda. Jacky Molard conseguíu atraer cara ós seus proxectos alguns dos mellores músicos bretóns. Baixo o impulso de Jacky crearonse grupos como DEN,  Archetype,, Triptique, Bal Tribal... Participou de maneira activa noutras formacións xa lendarias para  os amantes do folc: Gwerz e Pennou Skoulm. Tamén forma parte de "Procession Celtique", Alain Genty Band ou o grupo de Erik Marchand.

Ademáis na súa faceta de productor Jacky Molard  ten levado a cabo proxectos de recoñecida calidade. Jacky Molard ten máis de 40 CD's no mercado tanto  como colaborador ou como membro dos grupos.


Dominig  Molard

O impresionante percorrido musical de Dominig  Molard  convertiuno, xunto aos seus irmans Jacky e Patrick nun dos pilares básicos das  músicas tradicionais da Bretaña. Sempre presente ao carón de grandes grupos e músicos,  desarrollou un magnífico traballo nas  percusións co talentoe a elegancia que se lle recoñece.

Dominig  Molard interpreta diversos  instrumentos, dende a caixa escocesa até as tablas indias,  derbouka, bodhram, bones,  baterias, tubular bells, etc …  Director de percusión nas  "bagadoù" (bandas de gaitas)  de Saint-Malo, Douarnenez,  Bleimor e  Kevren Brest Sant-Mark, tamén é profesor na Escola de Música Tradicional de Douarnenez. 

A súa carreira resulta espectacular:  acompañou e gravou discos con  grupos como Gwendal, Bleizi Ruz, Alan Stivell, Jacques Higelin, Pat O' May Group,  Diaouled Ar Menez, Annkrist, Ogham, Satanazed, Kemia, Jade, Andarta, Zap, Kern, Les Pires, ou tamén Alain Genty, Yvan Cassar, Melaine Favennec, Mannu Lann-Huel, Annkrist, Didier Squiban, Ronan Le Bars, Soïg Siberil, Georges Join, etc.


Jacques Pellen

Nado en Brest en 1957, comeza a estudiar guitarra clásica aos 12 anos de idade. As súas influencias musicais van de Bill Evans ata Olivier Messiaen pasando por Keith Jarret e Arnold Schoenberg. 

Músico apaixonado, Jacques Pellen, á vez fabuloso e reputado improvisador e creador de atmósferas musicais, resolve as ecuacións que aparecen no percorrido das súas numerosas formacións. Sensibilidade híbrida, aquela dun músico inspirado pola súa terra e a inquedante estética jazzística de marcada influencia bretona, que o leva a estar na orixe de numerosos colectivos e experiencias (Triptyque, Celtic Procession, Gwerz, Finis terrae...). 

Músicos do Jazz como Kenny Wheeler, Didier Lockwood, Peter Gritz, Ricardo del Fra, Gildas Boclé, Henri Texier Eric Barret ou Paolo Fresu  participan xunto con músicos tradicionais bretóns como Patrick Molard, Jacky Molard, Dan Ar Bras, Erik Marchand, Ronan Le Bars, Jean Michel Veillon, Kristen Nogués, Annie Ebrel, Dominique Molard ou os irmáns Guichen, nas diversas manifestacións musicais nas que tenta misturar o Jazz con temas e instrumentacións de inspiración céltica.

..."Un dos máis formidabeis guitarristas do jazz europeo de todos os tempos." ( revista "Jazzman")


Kalinka Vulcheva

Sen nengunha dúbida, Kalinka Vulcheva  é unha das grandes voces actuais da música tradicional. Recoñecida en todo o mundo, durante vinte anos foi primeira solista do Coro de Musica popular da Radiotelevisión de Bulgaria máis coñecida internacionalmente como  "Misterio das Voces Búlgaras" ofrecendo numerosos concertos en todo o planeta. Tamén exerceu como directora  da  Orquestra Nacional de Sofia. 

Con un estilo puro, emanado da tradición secular búlgara, Kalinka tivo como mestra natural a súa aboa, con quen medrou  na súa rexión de orixe, Dobroudja no norleste de Bulgaria. Na actualidade é compoñente de diversas formacións musicais como Bisseri e Loznitsa ou a máis recente Vulcheva-Jenkins Incident. Tamén da concertos como solista. Colabora coa formación do gaiteiro bretón Patrick Molard dende hai dous anos. 

Gran coñecedora do folclore e estilos de todas as comarcas do seu país, ten dado clases maxistrais sobre harmonia e música popular en toda Europa.


Jean-Michel Veillon

Jean-Michel Veillon  está considerado coma un dos millores flautistas do mundo. O seu extraordinario coñecimento sobre as músicas trradicinais de todos os horizontes permitiulle dar a volta ao mundo ao carón dos seus mestres os que actualmente podese equiparar  incluso superandoos. 

Aos 13 anos convertirase en "sonneur" de bombarda. En 1977 descubre a flauta travesera de madera sendo un dos primeiros en introducir este instrumento na Bretaña. Aprende a tocar de xeito autodidacta, con un estilo particular, que lle acerca as entonacións do canto tradicional. O seu repertorio está influenciado pola música bretona, irlandesa e oriental (Turquía, Irán, India...). 

Participa en numerosas formacións de renome internacional (Galorn, Kornog, Den, Pennou Skoulm, Barzaz, An Tour-Tan, Celtic Procession, Dúo Veillon-Riou, etc.) e colabora con algúns dos grandes músicos e grupos da prestixiosa canteira bretona ( Dan Ar Bras, Skolvan, Soïg Siberil, Yann-fañch Kemener, Alain Genty, Didier Squiban, Kristen Nogués, Gerard Delahaye... etc.) 

O ensino da flauta forma tamén parte do seu desarrollo personal. Participa en numerosos cursiños de música tradicional dende hai quince anos evidenciando que o seu traballo co instrumento fixo escola entre as novas xeracións de músicos tradicionais.  Ten editados como solista tres CD e mais de vinte cos diferentes grupos nos que participou.


Erik Marchand

Erik Marchand é unha das máis grandes voces da Bretaña además de clarinetista de arraigado estilo tradicional.

Investigador incansable da música e as tradicións máis profundas do seu país, foi quen de extraer esa médula sustancial  que as conforma para aprender a consumila tanto crua como aderezada según as reglas da gastronomía musical delicada e reflexionada. Como solista, en dúo, en grupos como Gwerz, Celtic Procession ou  Le Quintet des Clarinettes, en trio con Thierry Robin ou con Paolo Fresu e Jacques Pellen, Erik explora os límites da súa tradición proxectando o seu carácter universalista na empresa. 

Marcado polas xuntanzas con representantes doutras culturas de raíz popular, o seu percorrido está cheo de proxectos que positivamente, abriron novos campos de expresión à música bretona  de hoxe. De ahí os derradeiros traballos coa Taraf de Caransebes (Rumanía) ou  KAN  magnífico espectáculo con voces de Albania, Malí, Córcega e Galiza. Ten unha quincena de gravacións discográficas no seu haber e numerosas colaboracións con outros artistas.