Mariví Cabo presentou "Ayres" no Alfredo Kraus
xoves 3 de Xuño de 2004


Óscar Fernández Sanjurjo, profesor de sanfona do CMTF de Lalín e músico de Os Cempés colaborou no disco de música tradicional "Ayres" de Mariví Cabo en Canarias. O traballo de Óscar nestes cuatro anos de ensino en Lalín, deu un cambio fundamental á sanfona en Galiza. Os encontros de sanfonistas, a representación do instrumento en diversos lugares, xéneros musicais e escenarios, a proliferación de mais artesáns son situacións que apoia e promove desde Lalín até o Norte da Galiza.