jump to navigation

Rédea Solta gañador do XXXIX Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas

25 de Setembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

O cuarteto de gaitas Rédea Solta formado por Pablo Devigo (gaita), Oscar Ibáñez (gaita), Lucía Martínez (redobrante) e Patricia Cela (bombo) proclamouse gañador da XXXIX edición do Concurso Rexional de Gaitas de Ponteareas celebrado durante os días 23 e 24 de setembro de 2006. Á semifinal presentáronse 16 grupos procedentes de toda Galiza dos que 10 foron clasificados para a final que se celebrou o domingo pola mañá no auditorio Reveriano Soutullo, os grupos clasificados para a final foron: Rédea Solta (Poio), Alxibe (Ponteareas), Picuíña (Marín), Os Fonte Suairas (A Coruña), Albizara (Vigo), As Ferriñas (Vigo), Abelente (Ourense), Os Estrobos (Ferrol), Laghareu (RIbeira) e Anacos de Buxo (Nigrán).
Despois dunha longa deliberación o xurado formado por Xosé Romero, Xocas, Iván Costa, Manuel Alonso e Antonio Gutierrez decidíu outorgar os seguintes premios:

Primeiro Premio “Feliciano Barrera” dotado con 1.800 € ao grupo Rédea Solta de Poio – Pontevedra formado por Pablo Devigo, Oscar Ibáñez, Lucía Martínez e Patricia Cela.

Segundo Premio “Grupo de Empresas Regino Giraldez Boo” con 1.200 € ao grupo Anacos de Buxo de Nigrán – Pontevedra formado por Pedro Álvarez, Xurxo Fernández, Ramón Corral e Alex Covelo.

Terceiro Premio “Irmáns Rodríguez Sobral” por importe de 900 € ao grupo Laghareu de Sta. Uxía de Ribeira – A Coruña formado por Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Loli Fernández e Miguel Fraguas.

Cuarto premio “Concello de Ponteareas” cun premio de 600 € ao grupo Os Fonte Suairas de A Coruña formado por Miguel A. Vázquez, José A. Vázquez, Daniel Meléndez e Miguel Norjales.

RédeaSolta.jpg

Coñece aos gañadores do Constantino Bellòn

1 de Setembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

16º CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” – ANO 2006

En Ferrol a 31 de agosto de 2006, no Teatro JOFRE de Ferrol, o XURADO cualificador do

16º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :

* Víctor Fernández Gabeiras

* Xabier Rodríguez Fariñas

* Pablo López Torneiro

* Xoán Rodríguez Silvar

* Xesús Vaamonde Manteiga

e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a esta final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas,

Acordan outorgar dous accésit de 600 € cada un a:

(máis…)

XVI Concurso de Gaitas Constantino Bellòn

24 de Agosto 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

MÉRCORES día 30 de agosto de 2006

Estreno PEZAS gañadoras do Premio de Composición

XOVES día 31 de agosto de 2006

FINAL do XVI Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón

HORARIOS: 8,30  tarde.

LUGAR: Teatro JOFRE – Ferrol.

ENTRADA LIBRE e GRATUÍTA

XVI CONCURSO DE GAITA GALEGA CONSTANTINO BELLóN – ATENEO FERROLáN

30 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Concursos
Comentarios fechados

HOXE día 30 de xuño remata o prazo para presentarse ó “Gaiteiro de Soutelo” (punto nº 5) das BASES do Concurso.

Para o Concurso de Composición (punto nº 9) das BASES do Concurso remata o día 7 de xullo.

O prazo de inscrición para presentarse ó CONCURSO “CONSTANTINO BELLÓN” remata o día 12 de xullo.

A FINAL terá lugar en FERROL o día 31 de agosto no TEATRO JOFRE.

Axuntamos as BASES polas dudas. GRAZAS!

30 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

A Asociación Cultural Pandereteiras das Burgas organiza o I Trofeo de Cantareiras, Aturuxo 2006, que terá lugar os días 28, 29, 30 de xullo na estación de montaña de Manzaneda.

III Concurso de Música Tradicional “Gaiteiros de Viascón”

28 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos
Comentarios fechados

Na terra do Grande mestre da gaita galega e en concreto mestre de toque pechado, D. Ricardo Portela, vaise a celebrar outro dos concursos de música tradi que temos no noso país, e do cal vos deixo as bases e máis a solicitude de inscrición… ¡¡¡¡¡¡¡Animádevos!!!!!!!

D. Ricardo Portela

I Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste

22 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos
Comentarios fechados

Os días 8 e 9 de xullo terá lugar o I Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste en Poio-Pontevedra co que se pretende crear un espazo para estudo da nosa gaita no marco do noroeste peninsular no que convive con outras gaitas de diferente morfoloxía, dixitación e sonoridade.

MANUEL VILLANUEVA 2006

Este encontro conta con diversas actividades:

Sábado 8 de xullo

RELATORIOS a cargo de renombrados especialistas da gaita
CERTAMEN DE GAITAS que inclúe o III Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, a actuación de gaiteiros tradicionais e un concerto de música tradicional a cargo de Pai da Cana

Domingo 9 de xullo

XUNTANZA DE GAITEIROS
Micros abertos durante todo o día. Participación libre.

Aquí vos deixo os arquivos pra descargar en *pdf

Bases pra o Memorial Ricardo Portela

20 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

Aqui vos mando as bases do concurso do concurso de cuartetos por excelencia. A celebrar o próximo 15 de xullo na cidade de Pontevedra.

Bases CONSTANTINO BELLóN 2006

2 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Concursos
Comentarios fechados

O “CONSTANTINO BELLÓN”, é unha plataforma, creada polo Ateneo Ferrolán, para servir de canle de expresión e presentación de novas pezas de autores e axudar a manter e potencia-la música tradicional de gaita galega.

O “CONSTANTINO BELLÓN” é un concurso de composición e interpretación de gaita que pretende mante-lo xeito de toca-la gaita galega con técnica e xiros propiamente galegos.

O “CONSTANTINO BELLÓN” pretende recolle-la mais pura tradición gaiteiril e manter, ó longo dos anos, un lugar de encontro e intercambio para tódolos gaiteiros galegos.

Ó chamarlle “CONSTANTINO BELLÓN”, aquel grande mestre gaiteiro, quixemos render unha pequena homenaxe a todos aqueles que, a través dos tempos e camiños cheos de atrancos, souberon manter vivo o son da nosa cultura ata os nosos días.

O ATENEO FERROLÁN, quere expresa-lo seu agradecemento a aquelas entidades e institucións que participan coa súa colaboración e apoio económico; a viúva de Luís Seoane, pola súa autorización para a utilización do seu debuxo, como logotipo do concurso; e como non, a tódolos gaiteiros e persoas que veñen colaborando na elaboración e organización do concurso de gaita galega “CONSTANTINO BELLÓN”.

BASES Constantino Bellón 2006 – DOCUMENTO

peza Constantino Bellón 2006 PARTITURA