jump to navigation

Últimos días para inscrición no Proxecto Runas do Festival de Ortigueira

9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

ortiqueiraA falta dun mes para o festival péchase o prazo de inscrición para o palco Runas, un espazo en forma de concurso para bandas noveis.

Consulta as bases na páxina do festival.

O Festival Ortigueira servirá por décimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do Proxecto Runas, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres bandas máis votadas polos visitantes da web oficial protagonizarán a primeira noite do certame celta, competindo ao vivo por coarse no cartel do 2010.

Se tes unha banda e queres participar, bótalles unha ollada ás bases do concurso e envía ao correo runas@festivaldeortigueira.com tres das túas cancións en mp3, acompañadas dunha breve historia e unha foto do grupo antes do 10 de xuño

Os tres grupos máis votados actuarán o xoves 9 de xullo no escenario Estrella Galicia. Un xurado do Festival estará presente no público para seleccionar ao mellor grupo, que actuará na edición de 2010.

Selección
Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co apoio do Xacobeo, Estrella Galicia e Deputación, entre outras entidades, realizará unha primeira selección de dez grupos.

A segunda fase correrá en exclusiva a cargo dos internautas que visiten a web oficial. Eles e elas elixirán cos votos que emitan do 15 ao 30 de xuño, de entre estas dez candidaturas, as tres formacións que actuarán na xornada inaugural da próxima edición do Mundo Celta, o vindeiro 9 de xullo. Cada un dos grupos recibirá 1.000 euros.
O premio será unha actuación no Escenario Estrella Galicia no 2010 e 3.500 euros.

XXIII Día da muiñeira en Arteixo

1 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

muinheira

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXIII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 14 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.

Descarga aqui a Muineira_inscripción.pdf

BASES DO XXIII DÍA DA MUIÑEIRA

1.Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.

2.Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.

3.Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.

4.A Muiñeira a bailar será a “Muiñeira do Sr. Macías” (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas. Bailarase catro veces con breves descansos

5.O prazo de inscripción remata o 7 de Xuño.

As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:

6.Os grupos inscritos deberán concentrarse a carón da Piscina Municipal zona escolar), ás 17:00h.

7.Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.
Tlfnos. de contacto:981641125 (Xiradela), 675527543 (Raquel)

Lémbra!…

1 de Xuño 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Concursos,Formação,Novas
Comentarios fechados

Que terá lugar 5 e 6 de xuño en Poio a cuarta edición deste encontro de gaitas de fol do noroeste na que se encadra o VI Concurso de gaitas Manuel Villanueva.

+info

cartaz

Últimos días para inscrición no XXII Concurso Cantigas e Agarimos

29 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

cantigasO prazo de inscrición para este veterán concurso vai rematando. O formulario de inscrición -descargável aqui– deberá ser enviado antes do 3 de xuño en baile e no caso da modalidade de música antes do 10 de xuño, por correo electrónico ou postal ó enderezo da Asociación que aparece nas bases.

O Concurso de Baile Tradicional celebrarase o domingo 14 de xuño no Teatro Principal en horario de mañá e tarde.

O Concurso de Música Tradicional (Pandereteiras/os e Cuartetos) celebrarase o domingo 21 de xuño no Centro Sociocultural de Vite, José Saramago  (Rúa Carlos Maside,  7). En horario de mañá e tarde.
Os horarios serán enviados unha semana antes da celebración do concurso.

A entrada o XXII Concurso de Baile tradicional Cantigas e Agarimos terá un prezo de 3 € (excepto menores de 3 anos que non pagarán entrada sempre que non ocupen butaca). Haberá unha entrada especial de 5 € para todas aquelas persoas que asistan ás xornadas de mañá e de tarde. As entradas non estarán numeradas e non se poden reservar. A taquilla abrirá unha hora antes do comezo de cada xornada do Concurso.

As medidas do escenario do Teatro Principal son 8 metros de fondo e 8,50 metros de ancho.

Descarga en .PDF as bases dos concursos:

bases concurso baile

bases musica cantigas

II Concurso de fotografía antiga

26 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

rebulirA Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga.

Os seus principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova,, fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc que eran tradicionais nesta zona.

A dito concurso poderán presentarse tanto colectivos como persoas a xeito particular. Premiarase a mellor colección de fotografías, aínda que tamén existen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor fotografía. O prazo de presentación de fotografías remata o día 31 de Agosto, podendo entregalas ata este momento na sede da Escola Rebulir ou ben no Concello de Ramirás. A entrega de premios realizarase no mes de Setembro coincidindo co acto de presentación do curso.

(máis…)

IV Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo

4 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

manuelDpoazo

O IV Certame de Gaiteiros Solistas de Manuel Dopazo celebrarase o vindeiro 24 de maio ás 18.30 h na localidade de Bandeira, parroquia natal d o gaiteiro Manuel Dopazo.

(máis…)

IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva

30 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Concursos,Novas
Comentarios fechados

cartaz

Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio a cuarta edición deste encontro de gaitas de fol do noroeste na que se encadra o VI Concurso de gaitas Manuel Villanueva entre outras actividades.

FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_exterior.pdf
FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_interior.pdf

Programa:

(máis…)

Remata o prazo para o XX Concurso Xacarandaina

25 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

xacarandainaO vindeiro 30 de abril remata o prazo de inscripción para este xa clásico concurso musical. A continuación transcribimos as bases:

1. É un concurso no que poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

2. Constará de 2 modalidades:

  • ­ Pandereteiras/os
  • ­ Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán únicamente gaita e percusión tradicional galega.

3. Na modalidade de pandereteiras haberá 4 categorías:
­ Categoría A: ata 9 anos inclusive.
­ Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
­ Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
­ Categoría D: dende 18 anos en adiante.
(máis…)

Concurso lingua de amor

26 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

linguadeamorO Consello da Xuventude de Galicia (CXG) puxo en marcha a terceira edición do concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles, como son os correos electrónicos, foros ou chats.

O concurso está divido en dúas categorías: declaracións e cancións. O prazo permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009 e para as votacións será do 11 ao 17 de maio. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web www.linguadeamor.eu

(máis…)

Coanhadeira, finalista para o “Escenario Prau”

25 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

coanhadeira

Hoxe déronse a coñecer os finalistas do Concurso cántabro “Escenario Prau”, entre os cales se atopa o grupo Coanhadeira. Máis de 20 grupos participantes e doce semifinalistas, o grupo ourensán conseguiu colarse entre os tres finalistas e optar ao primeiro premio, dotado con un contrato discográfico e 1500 euros. A final do mesmo realizarase durante o mes de maio.

Se queres máis información desta nova, segue estas ligazóns:
http://www.festivalesprau.org/concurso/?concurso=2009
http://www.eldiariomontanes.es/20090324/cultura/musica/grupo-portugues-toques-caramulo-20090324.html