jump to navigation

NanoNasa, campamento de verán para cativ@s

9 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Comentarios fechados

A Sala Nasa está a organizar unha actividade  moi interesante para os máis pequenos nun achegamento divertido ao teatro, a música, o cine, o movemento e a natureza urbana.

Será do 29 de xuño ao 10 de xullo. De luns a venres de 10 h a 14 h

Contidos

Música: obradoiro de construción de instrumentos musicais inventados, elaboración de contos musicais

Teatro: a través de xogos participativos traballarase co corpo e o movemento, coa voz, co espazo e os obxectos en escena e coa creación de personaxes (xestualidade, caracterización),

Cine: proxeccións comentadas de filmes de Charles Chaplin e Carroll Ballard (The Black Stallion).

Artistas convidados: Como remate de cada xornada, contaremos coa visita dun artista convidado, que compartirá cos nenos e nenas a súa experiencia. Actores, actrices, magos, músicos, mimos, malabaristas, maquilladoras, bailarinas vencelladas á actividade habitual da sala NASA como Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, o mago Romarís, Paula Carballeira, Xacobe Martínez Antelo, Pablo Trasno, Fredi Circanelo, Fanny Bello.

Natureza: aproveitando a proximidade do Campus Universitario farase unha visita-paseo polo parque para coñecer in situ as súas árbores vencelladas a lendas e tradicións.

Público: nenos e nenas entre 6 e 11 anos, organizados en dous grupos: 6 a 8 anos e 9 a 11 anos.

Horario: a recepción dos cativos farase entre 9,45 h e 10 h momento no que darán comezo as actividades. A recollida farase entre 14 h e 14,15 h

O campamento inclúe un almorzo a media mañá.

Nº de prazas: 30

Prezo: 100 € / 80 € (Tripulación) inclúe materiais e almorzos

En caso de irmáns, a cota será de 80 € cada un
Ingresar na conta: 2100-5753-01-0200012467

Inscricións:

ata o 25 de xuño, por orde de recepción. Pódense facer directamente na oficina da Sala NASA, de luns a venres entre 11,00h. e 14,00h. ou enviando a ficha de inscrición a: Sala NASA, Rúa San Lourenzo 51-53 15705 Santiago D.C. ou no mail nanonasa@salanasa.com, indicando o nome completo do/a rapaz/a, a idade, un enderezo e un teléfono de contacto.
Para confirmar as inscricións será necesario adxuntar o resgardo de pagamento.

Monitores:

Tomás Rábanos Muro, pedagogo en educación musical. Cursou estudos en diversas metodoloxías da pedagoxía musical, así como cursos de psicomotricidade, psicoloxía infantil e de dirección coral. Vén traballando nesta especialidade dende o ano 1986, impartindo clases, cursos e obradoiros e dirixindo campamentos de verán para nenos. Tamén ten impartido cursos para a formación do profesorado.

Miguel Curra é músico e cantante cunha traxectoria escénica de máis de 15 anos. Liderou bandas como Os Piores e Tombstones, foi músico de sesión para numerosos artistas, membro de coros como A Rá e Escola Estudio, dirixidos por Ramón Bermejo e traballou en producións escénicas como actor e técnico de son. Realizou estudios de imaxe e son, dobraxe e pedagoxía musical, especializándose na realización de obradoiros que mesturan música e teatro.

Curso de improvisación libre en Coruña

5 de Xuño 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Comentarios fechados

chefaCurso de improvisação livre, que vai ser impartido pola saxofonista e percusionista Chefa Alonso nos próximos dias 10, 11 e 12 de xuño en horario de 10:00 a 14:00. Terá lugar no Clube do Mar de San Amaro.

O prezo da matrícula é de 100 euros por 12 horas de curso. Preinscrição e informação no telefone 661474905. Limite de prazas: 15 por orde de inscrição

(máis…)

Lémbra!…

1 de Xuño 2009 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Concursos,Formação,Novas
Comentarios fechados

Que terá lugar 5 e 6 de xuño en Poio a cuarta edición deste encontro de gaitas de fol do noroeste na que se encadra o VI Concurso de gaitas Manuel Villanueva.

+info

cartaz

V seminario de música moderna e improvisación

2 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Comentarios fechados

monforte

Será en Monforte de Lemos do 17 ao 22 de Agosto de 2009. transcribimos a continuación os detalles:
(máis…)

Tolo d’Asturies ’09. Festival do acordeón diatónico

29 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Comentarios fechados

tolo

Festival centrado no acordeón diatónico “tolo d´asturies”, con cursos de nivel medio con Ignacio Alfaye (Aragón) e de nivel avanzado con Filippo Gambetta (Italia) ademais dunha exposición sobre o acordeón diatónico a cargo de José Maria López (Musical Dumboa).

Será en Llangreu entre o 14 e o 17 de Maio

IV Encuentro de percusión AFÖ en León

10 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Comentarios fechados

ivaufoBumtaka organiza o IV Encuentro de Percusión AFÖ! para a ponte do 30 de abril ao 3 de maio para aprender, ensinar, convivir, tocar e bailar coa percusión africana.

Os prezos, por persoa e día, e toda a información se pode conseultar na wúa web (http://www.bumtaka.com)

Para a reserva de praza, cómpre aboar unha cota de 15€ antes do día 27 de abril no número de conta da Asociación Juvenil Bumtaka Percusión en Caja España: 2096/0092/24/3156638604
indicando nombre, apellidos y días de estancia.

Ingresar asegura tener unha plaza para dormir e comer. A casa ten un límite de 50 prazas.

1ª jornadas de Música Tradicional en Ponferrada

30 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Comentarios fechados

jornadas

A Asociación Cultural Abelladeira organizará entre os días 9 e 11 de abril, ambos inclusive, unha serie de talleres enmarcados dentro das “Primeiras Xornadas de Música Tradicional”, organizadas pola mesma e o Centro de Ensino Musical do Bierzo.

As citadas xornadas abarcan as artes musicais e interpretativas dentro do contexto cultural e tradicional na Comarca do Bierzo e os seus vínculos de influencia no contorno do noroeste do Estado español.
Son catro os talleres de traballo:

1. Taller de gaita galega e wistle. Impartido polo profesor Abraham Fernández.
2. Taller de pandeireta e canto. Impartido pola profesora Montserrat Rivera.
3. Taller de empalletado, raspado e axustamento de palleta. Impartido pola artesán Cubero.
4. Taller de baile tradicional. Impartido polo profesor Calixto Albán.

Cada Taller constará de dúas quendas (un de mañá e outro de tarde) permiténdo, desta forma, realizar dous cursos.
Ás primeiras Xornadas de Música Tradicional se sumaranlles ACTIVIDADES PARALELAS como a celebración de Concertos e unha exposición activa de instrumentos tradicionais.

máis información aquí

AULA CABARÉ 08

26 de Agosto 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Escea,Formação,Novas
Comentarios fechados

AULACABARÃ?08 web.jpg

(máis…)

III Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste

29 de Abril 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Concursos,Formação,Novas
Comentarios fechados

Os días 6, 7 e 8 de xuño celebrarase en Poio o III Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

Entre as actividades organizadas destacan: Relatorios, o V concurso de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, a Xuntanza de Gaiteiros e moitas máis novidades.

CARTEL III ENCONTRO GAITEIROS.jpgDescarga a información

PROGRAMA III ENCONTRO INTERIOR.jpgPROGRMA III ENCONTRO GAITEIROS.jpg+info

(máis…)

Curso de música tradicional Cantigas e frores

19 de Marzo 2008 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Formação,Novas
Comentarios fechados

Os días 20, 21 e 22 de marzo, vaise celebrar en Lugo o “Curso de cultura tradicional Galega”, celebrado ininterrumpidamente tódolos anos en Semana Santa, que acadará no ano 2008 a súa XXVI edición. Organizado pola Asociación Cultural Cántigas e Frores, a este curso asisten músicos e bailarines de todo o Estado e, en ocasións, de outros países.

Aquí tendes mais información sobre este interesante curso:

· Prazas: 125 persoas.
· Horario: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.
· Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N
· Especialidades: 1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.
· Inscricións:
As inscricións pódense enviar a: APARTADO DE CORREOS 344 – 27080 LUGO. FAX: 982 26 52 80 – E-mail: inscricions@cantigasefrores.com (Compre axuntar xustificante de pagamento)
· Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.
· Prezo de matrícula: 30 € (xeral); 20 € (socios/as da Asoc. Cultural “Cantigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos). O pago farase a través do ingreso na conta: 2091 0152 29 3040026419

Os datos requiridos nas inscricións son os seguintes:
Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico (se ten), código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse.

As inscricións pódense enviar a:

APARTADO DE CORREOS 344 – 27080 LUGO
FAX: 982 26 52 80
E-mail: inscricions@cantigasefrores.com
Se tendes algunha dúbida, podedes contactar coa asociación no teléfono: 982-265211