Ugia Pedreira e aCF, un pouco máis perto
24 de Marzo 2009 - Enviado por Folque a: Entrevista,NovasComentarios fechados
Escribimos aquí unha ligazóns de antigas entrevistas a Ugia Pedreira, a directora de aCentral Folque ademais de apuntar que está subida a esta web, o texto de inaguración de aCentral Folque, que leu para os asistentes no acto de apertura deste centro, en outubro do 2008.
Vieiros, publicado o 16 de novembro do 2005
Folque, publicado o 28 de agosto do 2006
Vieiros, publicado o 20 de setembro de 2008, entrevista de Marcos S. Pérez
Entrevista a Edelmiro Fdez
13 de Agosto 2007 - Enviado por gaitomano a: Entrevista,NovasComentarios fechados
Edelmiro Fernández
Gañador do XXII Trofeo MacCrimmon de Gaita
“O importante é dignificar o papel da gaita”
Begoña Lorenzo para www.folque.com
Co Festival Intercéltico de Lorient en marcha, o pasado catro de Agosto celebrouse o XXII Trofeo MacCrimmon, galardón máis prestixioso de gaita solista a nivel mundial. Nel están citados os mellores gaiteiros de Galiza, Asturias e a Bretaña, unha noite máxica e musical na que o son das gaitas é máis protagonista ca nunca. Un escenario propio dos máis grandes, un público mergullado na música e un xurado rendido ante a interpretación de Edelmiro Fernández; o mellor gaiteiro do mundo.
Gaiteiro tímido e humilde, cun sorriso cómplice permanente e a melena loura ben coidada, co seu último trunfo é quen de facer que a gaita se poña “de moda”. Porque Edelmiro resulta un gaiteiro moderno, deses que lle trocas a gaita por unha táboa de surf ao carón e non deixa de campar, só que coa gaita é todo un mestre e coa táboa… habería que esperar a que medrasen as ondas da súa Santa Uxía de Ribeira natal. Ocupado en varios proxectos durante a semana como dirixir a Banda de Gaitas de Outes, o mestre de Gaita do Conservatorio de Música Tradicional e Folque esgota todas as horas dos sábados nas aulas de Lalín, onde a súa morea de alumnos só lle deixa tempo para comer de bocadillo. Pero estes días vese na obriga de ser centro de atención para os medios e compañeiros. Non lle gusta moito falar, prefire facelo coas mans no punteiro, pero tratándose da casa todo resulta máis doado.
– Acabas de gañar o XXII Trofeo MacCrimmon, no conservatorio folque xa sentíamos que eras o máis grande, pero ¿gañar este concurso para un gaiteiro significa ser o mellor do mundo?
Entrevista:Xosè Vàzquez, o ‘Che’, gandeiro que recuperou a arpa de boca e a trompa galega
13 de Xaneiro 2007 - Enviado por gaitomano a: Entrevista,NovasComentarios fechados
Da súa man nacen os instrumentos máis extraordinarios, os máis estraños, os máis sorprendentes. Frautas traveseiras, whistles, arpas de boca, gaitas… Toda a maxia da música tradicional se concentra neses dez dedos adestrados para construír polo afamado mestre gaiteiro Xusto Maroño. É Xosé Vázquez ou, como a el lle gusta que lle chamen, o ‘Che’, un veciño brionés da aldea de Goiáns cunha paixón moi enraizada polo antigo, polo tradicional, polo emblemático que ten a música neste mundo.
Fonte: Vieiros//Màis Alà
«Cantigas xa estaba aí cando o bum do folclore»
6 de Xaneiro 2007 - Enviado por xan pampin a: Entrevista,NovasComentarios fechados
Entrevista | Pedro Senande
Este colectivo que empezou como coro celebra os seus 85 anos.
(Concha Pino | santiago)
(…)
-Cantigas é case unha institución en Santiago ¿como empezou a súa historia?
-O xerme foi un coro, que é a formación histórica de Cantigas e Agarimos dende que naceu en 1921. Despois formouse tamén un grupo de teatro galego, impulsado por Rodolfo López Veiga. A agrupación de baile non se formou ate a década dos 70, pero afianzouse axiña e con moito mérito porque o repertorio fíxose a base de moito traballo de campo para buscar e recuperar o folclore por toda Galicia. O certo é que a asociación, polo que sei, desenvolveu un papel moi importante na cidade, sobre todo antes da guerra, porque dinamizaba a vida cultural da cidade. Hoxe segue organizando o Día da Muiñeira. E cando o folk foi un bum, Cantigas xa estaba aí.
Entrevista: Guadi e Guillermo
26 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Entrevista,NovasComentarios fechados
Só guitarra e voz. Nada exótico se nos esquecemos de que Espido está formado por dous dos compoñentes do grupo folc Berrogüetto, Guadi Galego e Guillerme Fernández. Con moitos proxectos baixo o brazo, actuarán dentro dos ’Circuítos 4×4’, que intenta estabilizar a contratación de concertos nos concellos galegos.
Pregunta.-¿E un bo momento para a música galega?
Entrevista con: Ramóm Pinheiro
6 de Setembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Entrevista,NovasComentarios fechados
“O patrimonio discográfico é moito máis delicado que os restos arqueolóxicos da Idade do Bronce”
Ramóm Pinheiro, director artístico de Ouvirmos.
Entrevista realizada no xornal A Peneira.
Ramóm Pinheiro (Vigo, 1975) é investigador e músico. A partir das súas experiencias no eido musical funda en 2002 Ouvirmos S.L, a primeira editora especializada en documentación musical galega. Esta iniciativa foi creada para recuperar, dignificar e divulgar o importante patrimonio músico-cultural que nos conforma como comunidade. Un proxecto tan importante que descubre día a día verdadeiras obras de arte agachadas polo tempo.
Texto e fotos: Antón F. Escuredo
Como xurdiu un proxecto tan singular como Ouvirmos?…..
Entrevista con: Ugia Pedreira
28 de Agosto 2006 - Enviado por gaitomano a: Entrevista,NovasComentarios fechados
Ugia Pedreira (directora do CMTF de Lalín, membro de Marful e Nordestinas).
Diaz Pardo….”ao administrador non vas telo de rositas aí para que che faga outro burato na barriga”
1 de Agosto 2006 - Enviado por gaitomano a: Entrevista,NovasComentarios fechados
O empresario segue a recibir adhesións e desde antonte preside o Pedrón de Ouro.