jump to navigation

XXII Algarabía Lalín

30 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Axenda
Comentarios fechados

Pola presente convocámoste a ti, e a toda a xente que coñezas que esté interesada en participar e divertirse na XXII edición da ALGARABÍA, a unha asamblea aberta que terá lugar o venres dia 30 as 10 da noite no CASINO.
As datas desta edición serán, (se non se decide o contrario) o sábado 5 e domingo 6 de AGOSTO.
E por si non sabes de que vai esto da Algarabía, e te queres enterar, de seguido podes leer un pequeno resumo de preguntas máis frecuentes sobre a Algarabía.

F.A.Q. Algarabía (ou todo o que sempre quixeches saber sobre ela pero non atreviches preguntar)..

(máis…)

XVI CONCURSO DE GAITA GALEGA CONSTANTINO BELLóN – ATENEO FERROLáN

30 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Concursos
Comentarios fechados

HOXE día 30 de xuño remata o prazo para presentarse ó “Gaiteiro de Soutelo” (punto nº 5) das BASES do Concurso.

Para o Concurso de Composición (punto nº 9) das BASES do Concurso remata o día 7 de xullo.

O prazo de inscrición para presentarse ó CONCURSO “CONSTANTINO BELLÓN” remata o día 12 de xullo.

A FINAL terá lugar en FERROL o día 31 de agosto no TEATRO JOFRE.

Axuntamos as BASES polas dudas. GRAZAS!

30 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Concursos,Novas
Comentarios fechados

A Asociación Cultural Pandereteiras das Burgas organiza o I Trofeo de Cantareiras, Aturuxo 2006, que terá lugar os días 28, 29, 30 de xullo na estación de montaña de Manzaneda.

Aulas da aCMTF en Ortigueira

30 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

AULAS FOLQUE no FESTIVAL DE ORTIGUEIRA. As. do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Aulas no Instituto de Ortigueira salvo a Conferencia-audición que é no Teatro de Ortigueira

DESCARGA de HORARIOS: Preme aqui

Equipa docente:

….Quedades avisados….

V Festa Rachada A Baña- 1 de Xullo 2006

29 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

Como non pode ser doutro xeito, neste tempo no noso país siguen a agromar como as herbellas todos eses pequenos festivais e romarías as cais nos vemos na obriga dende aqui de apoiar incansabelmente… agora tocalle o turno 🙂 aaaaaaaaaaa…
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Festa Rachada en A Baña!!!!!!!!!!!!!! 🙂
O próximo 1 de xullo na Área Recreativa Agra de Chans e dende as 13:00 h. Contaremos coa presenza dos grupos:

Haberá un xantar campestre, podedes traer a comida, coma se adoitaba facer nas romarías tradicionais.

A partir das 17:00 horas poderemos desfrutar da música de:

e ademáis…

Pola noite queimada de balde pra tod@s. Haberá onde acampar.

Quedades avisados… there isn`t barn without straw…

Feira da Cultura e da Música Tradicional de Bertamiráns.

29 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

A Asociación Cultural Follas Novas e o Concello de Ames, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e A Consellería de Cultura e Deportes, organizarán os vindeiros 13, 14 e 15 de xullo de 2006 a Feira da Cultura e da Música Tradicional de Bertamiráns.

Os citados días desenvolveranse cursos de música tradicional e obradoiros de diversas clases de instrumentos que terán lugar no Pazo da Peregrina, Bertamiráns, Ames, sendo a idade mínima para participar serán os 8 anos cumpridos.

Para inscribirse nestas actividades podedes descargar o formulario máis abaixo, cubrilo na vosa computadora e enviar as solicitudes en formato electrónico ao sonsoles@gaiteirosgalegos.com ou impreso a Asociación de Gaiteiros Galegos, Afonso XIII, 7, 36002, Pontevedra, desde o 4 de xuño ao 4 de xullo. As taxas da matrícula poden ser ingresadas no seguinte número de conta: 2080 – 0215 – 42 – 0040000 922 (Caixa Nova). Ao inicio do curso os participantes deberán presentar unha copia do formulario máis o certificado de ter aboado as taxas da matrícula.

Preparativos para a XXII Algarabía de Lalín.

29 de Xuño 2006 - Enviado por xu a: Escritos,Novas
Comentarios fechados

Un ano máis a Algarabía esta en marcha. Esta será a XXII edición, e vintecatro anos pasaron xa dende a primeira que empezou como un agasallo de “cumpleaños”. Tivemos grandes Algarabías, pequenas, Algarabías con sol, outras choveu, pero en todas a participación altruísta da xente foi o denominador común, convertendo a Algarabía nunha das festas máis imaxinativas e orixinais das que se fan na Galiza (nesto non hai que ser humildes, e a pura verdade).. asi que:
Pola presente convocámoste a ti, e a toda a xente que coñezas que esté interesada en participar e divertirse na XXII edición da ALGARABÍA, a unha asamblea aberta que terá lugar o venres dia 30 as 10 da noite no CASINO.
As datas desta edición serán, (se non se decide o contrario) o sábado 5 e domingo 6 de AGOSTO.
E por si non sabes de que vai esto da Algarabía, e te queres enterar, de seguido podes leer un pequeno resumo de preguntas máis frecuentes sobre a Algarabía.

Boletin nº 12- Xuño 2006

Este boletín envíase á base de datos das Asociacións e grupos de Lalín. A finalidade é manternos informados do que acontece, fomentar o asociacionismo, e promover a dinamización da cultura conectando a xente entre sí. Podes axudar a que cada día máis compañeiros/as o reciban: re-envíallo a quen consideres oportuno. Se queres participar, suxerir ou anunciar algunha actividade, manda un mail a onaranxo@onaranxo.org.

www.onaranxo.org

Ultranoite da Memoria na Sala Nasa

28 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Novas
Comentarios fechados

Dentro dos actos organizados en Compostela pola Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica baixo o título “Recuperando Memorias”, os próximos días 30 de xuño e 1 de xullo (23,00h.) presentarase na sala NASA unha ULTRANOITE especialmente adaptada ao tema. Trátase dun cabaré colectivo que utiliza o teatro, a música, a palabra e o vídeo para achegarse á memoria, á historia e á política da actualidade con boas doses de humor, mala hostia e incorrección. A Ultranoite contará coa presencia, entre outros, de:

Miguel de Lira, Manuel Cortés, Patricia de Lorenzo, Victor Mosqueira, Suso Alonso, Paula Carballeira, Chiqui Pereira, Clara Gayo, César Martínez Goldi, Xulio Abonjo, Suso Cortegoso, Mago Marcelino, María Lado, Pepa Yáñez e Os da Ría.

Máis información, reservas e entradas en info@salanasa.com e www.salanasa.com, ou no tlf. 981 573 998

Recollida de firmas en apoio a Díaz Pardo

28 de Xuño 2006 - Enviado por gaitomano a: Escritos,Novas
Comentarios fechados

As Cerámicas do Castro e Sargadelos un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo atópase en perigo.
A súa alma mater, o seu fundador, a sua identidade e o noso intelectual xa non está ao frente deste complexo polo desexo capitalista de algúns indocumentados.

Tódolos galegos debemos impedir esa “xubilación”.

ESIXIMOS QUE VOLTE DIAZ PARDO AO FRENTE DA NOSA HISTORIA

Firma esta campaña:
https://www.firmasonline.com/1Firmas/camp1.asp?C=268

Deixade o voso comentario ao respecto….

Información MATAMá FOLC 2006

28 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Axenda
Comentarios fechados

Ola a tod@s:
É a primeira vez que me poño en contacto convosco así­ que ante todo felicitarvos pola vosa páxina e polo traballo que levades a cabo. Nesta ocasión vos mando información sobre o festival de música folc que dende fai catro anos vimos celebrando en Matamá para se é posible se divulgue esta información na web. Terá lugar o vindeiro 14 de xullo a partir das 22:00 horas no torreiro de festas de Matamá en Vigo. Este ano contamos con Tátara Trí­o, Xistra de Coruxo e Os Cempés. Enví­ovos tamén un documento co cartel.

Un saúdo
ALICIA

Matamá FOLC 2006