jump to navigation

Paulina Ceremuzynska

Estudou Musicoloxía na Universidade de Varsovia e canto medievo na Universidade de Paris-Sorbonne.

Entre outros, dirixe e interpreta dous proxectos musicais sobre as cantigas profanas galego-portuguesas, editados nos discos “Cantigas de amor e de amigo” e “E moiro-me d’amor”.

Cantou como solista co grupo Malandança, dirixido por Francisco Luengo, co grupo polaco Alienor, e no proxecto Estudio de Resonet, dirixido por Fernando Reyes. Actualmente é  directora do Grupo de Música Antiga Meendinho.

É profesora de canto na Escola de Música Creativa Drop’s e na Asociación Alfaia, ambas de Santiago de Compostela.
paulina

Comentarios»

Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?