jump to navigation

Henrique Peón

hpeon

A súa actividade profesional céntrase na investigación e a divulgación do folclore tradicional de Galiza desde hai máis de 30 anos.

É director do Grupo Xacarandaina desde o 1984. A súa especialidade é a restauración e posta en escena de bailes antigos. Fixo espectáculos coma: “Costumes e saberes dun pobo”, “Unha viaxe por noutrora”, “Ribeirana”, “Atruto”, “Dengue” e “Prestixio” participando en numerosos festivais internacionais.

Formou parte do elenco da produción do CCG da obra “Kiosko das almas perdidas” dirixida por Roberto Oliván . Realizou labores de asistente na obra Proxecto Zocas de Mercé de Rande.

Actualmente está a montar o seu primeiro espectáculo en solitario “Ovay”, fusión de danza tradicional, contemporánea, teatro e música, en coprodución co CCG.