jump to navigation

Iniciación á Musicoterapia

Mestra: Xela Conde
Descrición do curso: Este curso presenta un conxunto de ferramentas útiles no traballo con persoas con diferentes problemáticas. A música permite iniciar (e mellorar) unha relación diferente coas persoas, descubrindo a súa faceta expresiva e artística, ao tempo que “redescobre en si mesmo o potencial creativo musical propio que lle serve como medio de comunicación e relación persoal”, así como “forma de autocoñecemento das súas propias capacidades expresivo-comunicativas” nun contexto de interacción. (Sabbatella, P., 1998).

Orientado a pais/nais e profesionais do ámbito da ensinanza e saúde.

Xela Conde é multiinstrumentista (frauta barroca, percusión tradicional, canto, violiono…). Formou parte da A.C.F. O Fiadeiro como bailadora e pandereteira e forma parte da Orquestra Folc Sondese e do grupo Ávalon. Coma docente, dá aulas de canto, etnografía e musicoterapia dentro e fóra de Galiza (Barcelona, Suíza).
xela

Comentarios»

Ainda nengún comentario, queres ser o primeiro?