jump to navigation

Diálogos con zanfona. Concertos no Teatro Jofre, Ferrol, 29 Febreiro e 2 MArzo

20 de Febreiro 2008 - Enviado por Sanfono a: Axenda,Concertos,Novas
Comentarios fechados

O centro do mundo musical da zanfona está na Ferrolterra por un fin de semana.

Como escusa para traer a Ferrol a eminentes músicos do panorama actual, organízanse dous concertos moi sinalados. “Diálogos con zanfona” é o título que os engloba e ten como obxecto singular o uso deste instrumento ancestral e milenario dentro dun contexto artístico aberto e creativo onde a improvisación e tradición conviven dun xeito natural.

O cartel ábrese co concerto da Baldo Martínez Grand Ensemble e o seu “Projecto Miño”, presentando o CD do espectáculo liderado polo contrabaixista local Baldo Martínez arroupado por unha formación de 1º liña internacional –David Herrington, Chiaki Mawatari, Antonio Bravo, Maite Dono,…- que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentin Clastrier, colaborador na gravación do CD acompañará á Germán Díaz como zanfonistas do show.

O marco escollido será o teatro histórico de acústica impecable do Jofre en Ferrol o venres 29 de Febreiro.

Tamén aí, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Díaz tocarán en solitario a noite do domingo 2 Marzo.

O 1º trae o espectáculo O sea, ?, música ó redor de instrumentos de manivela e live looping. Matthias Loibner trae directamente de Vienna, un concerto en solitario cheo de emoción e virtuosismo.

Está organizado polo Concello de Ferrol e a Asociación de Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Galicia, (www.folque.com).

HORARIOS:

VIERNES 29 FEBRERO. Teatro Jofre. Ferrol. 20.30 h

BALDO MARTÍNEZ GRAND ENSEMBLE. Concerto Projecto Miño.

Invitado: Valentin Clastrier

Baldo Martínez contrabajo, composición, arreglos y dirección

Maite Dono voz

Chiaki Mawatari tuba y serpentón

Antonio Bravo guitarra eléctrica

David Herrington trompeta y fiscorno

Alejandro Pérez saxos tenor y soprano, clarinete

Pedro López batería y percusión electrónica

Lucía Martínez vibráfono y percusión

Germán Díez zanfona

Invitado: Valentín Clastrier zanfona

DOMINGO 2 MARZO
Concierto. Germán Díaz / Matthias Loibner. Teatro Jofre. 20.30

(máis…)

Concurso folque cancioneiros Fundación Barrié

11 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Concursos,Novas
Comentarios fechados

La Fundación Pedro Barrié de la Maza ofrecerá los días 4 y 5 de marzo en su sede de Vigo y 11 y 12 de marzo en su sede de A Coruña los recitales de los diez grupos preseleccionados en el Concurso Festival Folk Cancioneiros. Los recitales serán a las 20.30 horas con entrada libre hasta completar aforo del auditorio.

Los grupos preseleccionados proceden de Vigo, Arcade, Moaña, Salvaterra de Miño, Cangas de Morrazo, Sanxenxo, A Coruña, Cecebre, Sada y Lugo y el grupo más destacado será premiado con 6.011 euros, la grabación de un disco editado por la Fundación y la participación en un concierto con Milladoiro el 17 de mayo en A Coruña.

Comunicado recitales concurso Festival Folk A Coru_a y Vigo – Fundacion Barrie.doc

Departamento de Comunicación
FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA
Cantón Grande, 9. A Coruña
Policarpo Sanz, 31. Vigo
Tf.- 981 060 091 / 22 15 25 – 659 459 030
comunicacion@fbarrie.org
www.fbarrie.org

Curso de acordeón diatónico

11 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Formação,Novas
Comentarios fechados

I Curso rural de acordeón diatónico que tendrá lugar los días 25 a 29 de agosto en Bellver de Cerdanya (Lérida), con los profesores Ignacio Alfayé, Aleix Armengol y Marc del Pino. Toda la información también en www.cursrural.com

Descarga ao vivo Cuba-Galiza

9 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Actividades,Escea,Novas
Comentarios fechados

O venres 22 de Febreiro de 2008 ás 20:30 no Teatro Mella na Habana

Aínda que a música cubana se conforma fundamentalmente a partir de influencias europeas e africanas, as especificamente atribuíbeis aos galegos son reducidas a antes do s. XIX, debido á escasa presenza destes entre os continxentes de colonizadores. Na segunda metade deste século e na primeira do seguinte, a inmigración galega adquirirá considerábeis proporcións, chegando a ser a que conte con maior presenza en Cuba. Como froito de tal aporte potenciarán a economía e misturarán os xenes con tributos culturais rastreábeis na lingua, a música, a gastronomía, a arquitectura e o urbanismo. Será neste período cando se definan os principais trazos dunha historia común compartida por galegos e cubanos, na que a música destacará como o factor de fusión e transculturización máis determinante.

Hoxe unha xeneración de novos, mais experimentados músicos e bailarins cubanos e galegos, volven a ollada sobre as composicións do tempo dos seus avós. Partindo orzamentos cunha gran liberdade creativa e interpretativa dentro dun amplo abano de estéticas sonoras e coreográficas contemporáneas camiñan dende o Jazz Latino ata o Folk europeo dando forma a DESCARGA AO VIVO.

Pescudar no patrimonio musical compartido, permitiunos facer unha selección de obras que en moitos casos foran esquecidas e das cales dificilmente se atopan copias das partituras, sendo raras ou inexistentes as versións fonográficas. No caso de Del Ferrol a La Habana, que narra musicalmente o percorrido feito polo seu autor, o guitarrista ferrolán Juan Parga establecido a finais do s. XIX na Habana, contribuiu ao inicio da experimentación coas tradicións musicais. O mestre cubano Guillermo M. Tomás que foi o encargado de dirixir á Banda Municipal da Habana o sete de decembro de 1907 na estrea mundial do Himno Galego, compuxo nese mesmo ano, o pupurrí de Aires nacionales Cuba-Galicia, no que demostrou un coñecemento profundo da música popular galega coa que soubo conxugar melodías cubanas, dando continuidade á creación dun espazo de encontro para a música cubana e galega no que hoxe nós volvemos a atopar.

As festas dos galegos en Cuba celebradas antano nos xardíns da Tropical ou da Polar comezaban case relixiosamente co son da gaita interpretando a Alborada do mestre Pascual Veiga, tema que se converteu en pouco tempo nun dos símbolos espirituais da comunidade galega de emigrantes en toda América Latina. Festas nas que a gaita en mans de grupos como o Quinteto Monterrey fixo un oco na tradición instrumental cubana interpretando xotas, muiñeiras e pasodobres, e mesmo habaneiras ou danzóns. É que como dicía o escritor M. García Barros “o danzón para un galego de corazón é un acto transcendental”. O xénero creado por Miguel Failde, fillo de galego e mulata, foi o gran protagonista das romarías e a súa asimilación por parte dos membros da comunidade de emigrantes chegou a simbolizar o seu grao de integración, adhesión e compromiso co seu pobo de acollida.

Ademais das músicas que soaban nas festas impulsadas pola comunidade galega temos particular interese en dirixir a mirada e o ouvido á obra de destacados compositores galegos que viviron e compuxeron en Cuba sumando a súa bagaxe na música galega a cubana como os emigrados José Castro Chané, José F. Vide e Ricardo Fortes Alvarellos, ou o exiliado Antonio Rodríguez Álvarez. A súa obra inseparablemente galega e cubana non tivo ata agora a suficiente atención por parte dos investigadores permanecendo descoñecida por músicos e público. Tamén nós detemos ante un dos grandes mitos para a emigración galega en toda Latinoamérica, o prodixioso violinista Manuel Quiroga. Nas súas xiras polo continente recolleu ritmos e formas musicais populares que utilizou nalgunhas das súas obras máis emblemáticas como a 2ª Guajira.

Completan a nosa aproximación neste repertorio común ritmos de orixe cubana como a habaneira ou a rumba que na súa difusión e peregrinar por medio mundo chegaron e quedaron na tradición musical galega.

Un vello encontro pendente entre dúas tradicións musicais ao que acudimos seducidos. Un palco común entre músicas, músicos e público ao que agora nós sumamos nesta DESCARGA AO VIVO.

(máis…)

Novidades Ouvirmos 08

6 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Fotos,Concursos,Lercheo,Novas,Novidades discográficas
Comentarios fechados

Cántigas da Terra, novo disco de A Tiracolo

VR0114_portada_cantigas_da_terra_BAIXA.jpg

Portada Cántigas da TerraO coro galego folclórico por excelencia, Cántigas da Terra, leva en activo desde 1917. Neste case século de historia, iniciada interpretando o himno galego, reuniron un variadísimo repertorio e o arquivo coral mellor conservado.

Editamos agora, como nº 14 da nosa colección de gravacións históricas restauradas A Tiracolo, os seus primeiros rexistros realizados en 1921 e 1928. Neles recollen a primeira gravación do clásico Negra sombra; o Himno a Galicia, que contribuíron a afianzar; e O quer que lle quer, entre outros fitos.

Dispoñíbel no teu punto de venda habitual a partir do 11 de febreiro.
Visita guiada e concerto en Mondoñedo

Cuarteto Las Margaritas, 1913

O próximo sábado día 9 de febreiro presentamos o Itinerario Histórico-Musical de Mondoñedo por todo o alto.

Pola mañá, visita guiada seguindo o roteiro proposto na nosa publicación. Sairemos ás 12h. da praza da Catedral acompañados polo noso guía turístico e técnico en patrimonio, quen nos mostrará todos os recantos musicais da vila.

Pola noite, fin de festa co concerto a cargo de Resonet. Ás 21:30h., no Auditorio, deleitarannos con pezas de música antiga e barroca, como as que se escoitaban na capela de música da Catedral mindoniense.
Celebramos un século de himno galego

Ouvirmos participa nos actos conmemorativos do século da estrea do himno galego na Habana.
Colaboramos na realización da exposición da Consellería de Presidencia A nosa voz. Cen anos do himno galego.
Encargámonos das restauracións sonoras das gravacións históricas do himno que se poden escoitar na mesma e descargar para dispositivos móbiles:

Gramofono e discos de lousa na exposición· o Himno a Galicia gravado en 1918 por Cantigas e Aturuxos e non reeditado até hoxe, restaurado especialmente para a exposición;
· o Himno a Galicia rexistrado por Cántigas da Terra en 1928; e
· o Himno galego gravado por Toxos e Froles en 1922, primeiro rexistro do himno na súa versión íntegra.

A exposición podedes visitala até o 28 de febreiro na igrexa de Bonaval, en Compostela.
Tamén achegamos, desinteresadamente, estas restauracións sonoras para a edición do libro e disco Os símbolos de Galicia, publicado polo Consello da Cultura e a Real Academia Galega.

II Curso de afinación de Gaita Galega

5 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Formação,Novas
Comentarios fechados

…..no Centro Cultural de Callobre (A Estrada).

Despois do éxito de afluencia que tivo o I curso de afinación, fai escasos días, a A.C Regatos de Matamulleres de Callobre na Estrada ten o gosto de vós convocar para:

9 e 10 de febreiro(Sábado e Domingo) en rexime de xornada completa e meia xornada; as actividades que se levarán a cabo serán as seguintes:

-Afiado e preparación da navalla
-O pallón (fabricación e afinación)
-Elección da palleta
-Empalletado e afinación da palleta no punteiro

O encargado de impartir dito curso será D. Juan Casalderrei Rodríguez, gaiteiro, palleteiro e mestre de fabricación de palletas.

O prezo por alumno será de 45 Euros, e inclúe: Unha navalla (Opinel nº6, afiada e asentada), un xogo de lixas, uns apuntes, variada documentación con respecto a distintos tipos e usos da afinación, SW básico de edición de onda e partitura, así coma unhas 2000 partituras variadas en formato *enc, e válidos para reproducir como midi, e a comida do sábado, dado que o curso é ese dia sábado) será de mañán e de tarde.

Haberá que traer palletas en desuso e/ou estropeadas da casa

Para mais información e inscrición pódedes chamar aos telfs. 630 875 924 e 616 992 904

Se queredes ver o que foi a anterior sesión, fai un clique aquí

via LTV

Presentación:”El Romancero de la Galicia exterior”

1 de Febreiro 2008 - Enviado por gaitomano a: aCF Recomenda,Axenda,Nova Publicación,Novas
Comentarios fechados

El romancero de la Galicia exterior. Cala de la colectividad gallega de la Argentina. Norberto Pablo Cirio. Pontevedra.- Diputación Provincial, 2007. 176 p; 24 x 17 cm. ISBN: 978-84-8457-287-9. Colección “Etnografía. Socioloxía. Antropoloxía”. Encadernación: rústica.

O martes 5 de febreiro, ás 20.00 horas, presentarase no local da asociación de veciños de San Roque o libro El romancero de la Galicia exterior. Cala de la colectividad gallega de la Argentina, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.
Á presentación asistirá o deputado de Cultura, José Juan Durán Hermida, o presidente da asociación de veciños de San Roque, Sabino Martínez Fontán, e o especialista en música tradicional galega Oscar Ibáñez García.

Romancero.jpg

(máis…)