jump to navigation

O blog de Malmequer, premio de Bronce RdL’09

12 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

O blog Malmequer fora seleccionado pola Organización dos V Premios RdL’09 da Facultade de CC.SS. e da Comunicación da Universidade de Vigo para competir nunha das sete categorías (neste caso Blogs e páxinas literarias) establecidas nesta edición.

Pois despois dun fin de semana de votación on-line, e tras quedar en terceiro lugar de entre os dez finalistas, Malmequer será acreditado co Premio de Bronce RdL’09 consistente no distintivo dixitalizado característico desta iniciativa: o g arroba de cor bronce.

http://www.resacadasletras.blogspot.com/

Cinetografía con János Fügedi

9 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

fugedi

Este luns e martes terá lugar unha nova cita dos Monográficos ’09 que aCentral Folque organiza estes meses en Compostela co especialista húngaro János Fügedi, emninencia mundial na notación do baile tradicional, unha especialidade descoñecida en Galicia.

Será catro sesións nunha aproximación moi detallada á Cinetografía, ou notación de baile. Un curso no que os participantes poderán aprender a sistematizar os pasos do baile tradicional e a escribilos dun xeito estandarizado, universal e aplicábel a calquera danza patrimonial.

Será no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Introducion_Cinetografia-15.jpg

Comeza o monográfico de adufe con Luis Prego

8 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

lprego

Este sábado comeza o curso de Adufe, o pandeiro cadrado en Galiza e Portugal, impartido por Luís Prego dentro dos Monográficos ’09 que aCentral Folque organiza estes meses en Santiago de Compostela.

Serán once sesións nas que os participantes aprenderán as bases técnicas deste instrumento, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais, a contextualización histórica

(máis…)

Improvisación oral desde Arxentina

8 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

wilson

Anda por terras galegas Wilson Payador un improvisador arxentino que ten actuado en medio mundo e vén convidado desta volta pola Asociación ORAL de Galicia e a CVC Valadares que levan promovendo actividades ao redor desta manifestación universal desde hai anos.

A payada é a poesía oral improvisada que baixo diversas denominacións e estilos ten variacións locais: regueifas, brindos, puyas,etc.
Este sábado estará visitando a aula de Historia da Música Galega de aCentral Folque e o vindeiro sábado 16, actuará na noite de Varietés que aCF está a organizar no pub Ultramarinos de Santiago.

+ info na súa web: Wilson Payador

Ciclo de Músicas Inmigradas na e-Trad

8 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Axenda,Novas
Comentarios fechados

imigradasA partir de mañá a e-Trad, a escola de música tradicional de Vigo,  vai desenvolver un ciclo adicado ás “músicas inmigradas”, protagonizado por músicos que residen en Galicia pero que proceden de tradicións distintas á nosa.

Cada xornada do ciclo, que se celebrará durante os vindeiros 3 venres, contará cunha parte expositiva, dando conta das características máis salientables de cada cultura, e outra musical, na que se reclamará a participación do público para conquerir un encontro ou intercambio entre culturas.

A actividade celebrarase no patio interior da Escola de Artes e Oficios e estará aberta ao público.

Este é o calendario:

Cultura de Recife

Renato Spencer, Experto en música Nordestina do Brasil

A Tabla indú

Vikas triparti, Tablista  benarés

Músicas Balcánicas

Piotr Lublin, Violinista polaco

Lembrar ademais ao respecto desta prestixiosa escola que recentemente a Concelleira de Educación confirmou o compromiso do Goberno Municipal de que esta escola non será trasladada da súa actual sede ata que un novo edificio estea en condicións de recibilas.

O curso actual rematará en García Barbón e o vindeiro curso tamén será completado na ubicación actual.

Rematando así a polémica do presumíbel traslado desta escola a outra localización sen determinar.

O Blog Malmequer seleccionado para os premios RdL´09

8 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

malmequer
Malmequer, o blog d@s pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica de Galiza e un das referencias das revistas online sobre a música tradicional galega,  foi seleccionado pola Organización dos V Premios RdL’09 da Facultade de CC.SS. e da Comunicación da Universidade de Vigo para competir nunha das sete categorías (neste caso Blogs e páxinas literarias) establecidas nesta edición.

As votacións en liña estarán abertas a todos os internautas no blog <htttp://resacadasletras.blogspot.com> ata as doce da medianoite do día 10 de maio para todas as candidaturas.

Parabens!

Pepe Vaamonde Grupo presenta “Introterra” en concerto

7 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

introSerá o venres 8 de maio ás 21 h. en ARTeria Noroeste no parque de Vista Alegre en Compostela.

O evento, de carácter gratuíto, terá lugar no recinto compostelán (Parque de Vista Alegre. Rúa das Salvadas, 2A) o venres 8 de maio ás 21:00 horas. Aínda se poden solicitar invitacións en ARTeria Noroeste.

Introterra é o terceiro disco de Pepe Vaamonde Grupo, gravado nesta ocasión nos prestixiosos estudios PKO de Madrid. Vaamonde, natural de Visantoña (A Coruña), é un dos gaiteiros máis galardoados nos 90 en Galicia. No seu grupo acompáñano Pipo Alvariño (guitarra), Nacho Tobío (acordeón), Xesús Vidal (baixo) e Miguel Anxo López (Chino), ex-alumno do antigo CMTF.
Introterra, o traballo que presentan en ARTeria Noroeste, é un repertorio de estilo persoal que mestura a música tradicional galega coas correntes máis vangardistas do folk europeo. O concerto deste venres en Compostela é gratuíto e de acceso limitado.

Para reservar invitacións, abonda con solicitalas na billeteira de ARTeria Noroeste ou nos teléfonos 981.569082 / 981.581821.

Presentación do último disco dos Carunchos

7 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

O domingo día 10 de maio, na Praza da Constitución do Casco Vello de Vigo, terá lugar a presentación en directo do cuarto disco dos Carunchos titulado ‘En galego’, como parte do programa de actividades organizado pola Asociación de Veciños do Casco Vello de Vigo co gallo da celebración da XXVII Festa dos Maios.
carunchos

Os actos desta celebración anual terán lugar os días 9 e 10 de maio, e contará entre outras actividades, coa confección dun maio na praza, obradoiros de pan, flores e cestaría, a festa dramatizada e o concerto dos Carunchos.

“En galego” convértese no cuarto traballo deste grupo que nace a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación coa que participaron nos festivais máis destacados do país.

Despois de xirar varios anos con Montealegre (PAI, 2005), co que festexaron o seu décimo aniversario e no que introduciron novos instrumentos, agora reaparecen con este disco gravado na Casa de Tolos que arrastra a bagaxe acumulada pola banda sobre os escenarios en todo este tempo.

Ases do blues en concerto

7 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

vargas

Para comezar a semana e en Santiago, un concerto de alto nivel de dous grandes figuras do blues: Javier Vargas e Victor Aneiros coas súas respectivas bandas.
Será na Sala Capitol [Compostela] o 8 de maio ás 21:30h. As portas abren ás 21 h. Non chegues tarde.

15€ anticipada e 18€ en taquilla.
á venda en Discos Gong e A Reixa Tenda.
+ info:

Verdegaio en concerto

7 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Novas
Comentarios fechados

verdegaio

O vindeiro sábado 9 de maio ás 21 h dentro do programa “Revelando voces” promovido pola Concellaría de Cultura e os CSC de Santiago, o dúo VERDEGAIO traslada o seu concerto pervisto no CSC da Trisca á praza da Porta do Camiño no bariio de San Pedro.

Verdegaio é o dúo de Alexandre Cadarso “Cano” (gaita e acordeón cromático) e Xabier Blanco (melodeón e pandeireta) con Xavier Agra (frauta).

Verdegaio nace no 2005 como agrupación para o directo da música tradicional compartíndoa en bailes, festas e foliadas.

Busca máis información sobre o dúo en http://www.nsaio.org/verdegaio