Ciclo de Músicas Inmigradas na e-Trad
8 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Axenda,NovasTrackback
A partir de mañá a e-Trad, a escola de música tradicional de Vigo, vai desenvolver un ciclo adicado ás “músicas inmigradas”, protagonizado por músicos que residen en Galicia pero que proceden de tradicións distintas á nosa.
Cada xornada do ciclo, que se celebrará durante os vindeiros 3 venres, contará cunha parte expositiva, dando conta das características máis salientables de cada cultura, e outra musical, na que se reclamará a participación do público para conquerir un encontro ou intercambio entre culturas.
A actividade celebrarase no patio interior da Escola de Artes e Oficios e estará aberta ao público.
Este é o calendario:
- Venres 8 de maio de 2009:
“Cultura de Recife”
Renato Spencer, Experto en música Nordestina do Brasil
- Venres 15 de maio de 2009
“A Tabla indú”
Vikas triparti, Tablista benarés
- Venres 22 de maio:
“Músicas Balcánicas”
Piotr Lublin, Violinista polaco
Lembrar ademais ao respecto desta prestixiosa escola que recentemente a Concelleira de Educación confirmou o compromiso do Goberno Municipal de que esta escola non será trasladada da súa actual sede ata que un novo edificio estea en condicións de recibilas.
O curso actual rematará en García Barbón e o vindeiro curso tamén será completado na ubicación actual.
Rematando así a polémica do presumíbel traslado desta escola a outra localización sen determinar.
Comentarios
Comentarios fechados