jump to navigation

V seminario de música moderna e improvisación

2 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: Formação,Novas
Trackback

monforte

Será en Monforte de Lemos do 17 ao 22 de Agosto de 2009. transcribimos a continuación os detalles:

CONTIDOS

DIRIXIDO:

Persoas con coñecementos musicais que desexen achegarse á música moderna. ?Persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a linguaxe empregada nos distintos estilos da música moderna. ?Músicos profesionais, semiprofesionais ou estudantes coa necesidade de ampliar os seus recursos para a interpretación, a improvisación, a escoita, a creación, etc… ?Profesores que fan ou queren facer música nas aulas. No seminario ampliaran os seus recursos pedagóxicos.?Poderan participar no seminario músicos de calquera especialidade instrumental.
INFORMACIÓN ADICIONAL?·

Os grupos practicarán estes contidos nun repertorio axeitado ao seu nivel e composto por temas de diferentes estilos.

· Os grupos de traballo formaranse de acordo co nivel teórico e instrumental dos alumn@s.?· O grupo-Iniciación estará formado por alumn@s de 12 anos en adiante e con coñecementos básicos de instrumento.

· Os asistentes recibirán un diploma acreditativo ao final do seminario.?· Ao longo da semana alumnos e profesores terán a oportunidade de participar en diversas sesións musicais organizadas en distintos pontos de Monforte de Lemos.

· As prazas son limitadas e asignaránse por orde de inscrición.

· Os participantes do seminario terán que levar o seu instrumento, agás pianistas e bateristas.

· Todos os participantes deben traer un atril debidamente identificado.

· O coordinador e os profesores estudarán as solicitudes para para elixir o nivel axeitado a cada alumno.

HORARIOS

Aulas teórico-prácticas. Conservatorio Profesional de música “Mestre Ibáñez”:? 10:30 H a 13:30 H e 16:30 H a 18:30 H
MATRÍCULA

Prezo: 100 €

As inscricións poderanse enviar por correo postal, fax, ou por correo electrónico.
ALOXAMENTO

Prezo: 30 €, só estancia.

Entrada a noite do domingo 16 e saída a mañán do domingo 23

Nº de prazas dispoñíbeis: 30. Asignadas por orde de inscrición

Reservas aloxamento: 986 844104 / 659 474352

A organización facilitará información sobre outros aloxamentos e restaurantes.

ORGANIZACIÓN:

Escola de Estudios Musicais A Tempo?. Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra. ?teléfonos:986 84 41 04/ 659 47 43 52 ?fax: 986 84 41 04

http://www.novasmusicas.com
atempo.org@gmail.com
PROFESORES
Carlos Calviño [guitarra]

Dee Jay Foster (contrabaixo e baixo eléctrico)

Celia Mur (voz)

Albert Sanz (piano)

Valentín Iturat (batería):

Miguel Ángel Rodríguez [coordinador]

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Ingresar o importe da matrícula no seguinte nº de conta de Caixa Galicia:?2091 0126 90 3110000019. Especificando como concepto do ingreso:?” 5º Seminario de Música Moderna e Improvisación”. ?Enviar este formulario xunto cunha fotocopia do ingreso a:?Escola de Estudios Musicais A TEMPO, Praza A Castaña, 2 baixo, 36.002 Pontevedra.? ?nome e apelidos ?idade?d, ?enderezo?, nº?, andar?, c.p, ?poboación, ?provincia, ?teléfonos, ?correo electrónico, ?instrumento?, anos de práctica?, estudos realizados?, sinale a opción desexada:?seminario sen residencia 100 €. ?seminario con residencia 130 €.

Comentarios

Comentarios fechados