A música popular brasileira de Fred Martins proximamente de xira na Galiza
27 de Maio 2009 - Enviado por Folque a: aCF Recomenda,Axenda,NovasTrackback
O cantor do Brasil, Fred Martins prepara a súa visita a terras europeas nunha xira que o traerá a distintas vilas galegas e en diferentes formacións. Destaca o concerto que dará no Ciclo de Músicas Portuarias en Ferrol o sábado 4 de Xullo no Teatro Jofre. Ademais atópase presentando o seu último traballo “Tempo afora”.
Estas son as datas da súa xira:
- Martes 30 de xuño en Santiago de Compostela tocará con Ugia Pedreira
- Sábado 4 de xullo en Ferrol
- Venres 17 de xullo en Vigo -Fábrica de Chocolate
- Ourense -Auditorio (Data sen confirmar)
Escoita a súa música no seu MySpace de Fred Martins ou
descarga unha canción do seu ñuktimo disco en formato .MP3 aqui: Doceamargo
Frederico Ribeiro Martins (Niterói, Rio de Janeiro, 1970) é un deses novos cantores brasileiros que comeza a despuntar en Europa. Influenciado tanto polo folque anglosaxón como polos clásicos da música popular brasileira a súa sensibilidade e versatilidade lévanlle con igual naturalidade ao pop maino e ao samba intimista, sempre apoiado na expresividade e orixinalidade das letras do poeta e doutor en semioloxía Marcelo Diniz Martins, o seu principal parceiro ata agora, ou do tamén poeta Francisco Bosco.
Vén de presentar o seu terceiro disco, “Tempo afora” que traerá a Galiza, consolidando o recoñecemento do cantautor niteroense como un dos máis brillantes da súa xeración, feito que xa había quedado patente nos seus discos anteriores e nas súas composicións interpretadas por salientadas voces da MPB (Ney Matogrosso, Zélia Duncan, Maria Rita, Eliana Printes, Carol Saboya, Dalila Couti, Clara Becker, Elisa Queirós,…)
Comentarios
Comentarios fechados