jump to navigation

Cerdediño p’rós amores

2 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Axenda
Trackback

O vindeiro domingo día 4 de Xuño ás 8 da tarde presentaráse no Teatro Principal de Pontevedra o recén editado disco “Cerdediño p’rós amores” das xa míticas pandereteiras do lugar de Barro de Arén (Cerdedo, Terra de Montes).

Será un concerto-homenaxe no que participarán grupos que recibiron das xentes de Barro o seu saber na música e na cultura populares, mais tamén o seu afecto e amizade. Leilía, as Donicelas, Os Abrentes de Cerdedo, Xirandola da Bandeira e O Tear de Llerena de Pontevedra (que tamén participaron na produción do cedé), porán en escea o seu aprezo, complicidade e gratitude cara a esta xente, que nunca ten a porta pechada aquen se interese polas cousas da súa mocedade.

O cedé non se distribuirá comercialmente, polo que este acto será unha boa ocasión para se facer con el.

Adxuntamos cartaz e dossier.
Atentamente.

Guillerme.

Cartaz Barro

Disco Barro DOCUMENTO

Comentarios

Comentarios fechados