jump to navigation

Reviravolta Por Un Desenvolvemento Sostible

11 de Xullo 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Novas
Trackback

Estimadas/os amigas/os:

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade convídavos á Reviravolta Por Un Desenvolvemento Sostible, encadrada na campaña Voces de Aquí e de Alá Revirando o Milenio, que xira ao redor dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

A Reviravolta terá lugar en Allariz, o xoves 13 ás 20:30h no Centro Social O Portelo, e contará con:

Voces de Alá:

· Roberto Bissio: xornalista uruguaio especialista en desenvolvemento, Director Executivo do Instituto do Terceiro Mundo e Secretario da rede internacional Social Watch (Control Cidadán).

Voces de Aquí:

* Cándido Pazó: representante da escena galega.

Animámosvos tamén a sumarvos ao Manifestos do Milenio, escrito por Isaac Díaz Pardo, colgado na páxina web www.igadi.org.

Saúdos.

Lara Barros Alfaro

Sensibilización Fondo Galego

986 357 238// lara.alfaro@gmail.com

Comentarios

Comentarios fechados