jump to navigation

I Encontro de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA – gaitas de fol do noroeste

2 de Xuño 2006 - Enviado por Folque a: Axenda
Trackback

Os días 8 e 9 de xullo terá lugar o “I Encontro de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste” en Poio-Pontevedra co que se pretende crear un espazo de estudo para a nosa gaita no marco do noroeste peninsular no que convive con outras morfoloxías propias doutras zonas como Asturias, Tras os Montes, Zamora, etc.

Este I Encontro contará con varias activiades: relatorios a cargo de recoñecidos especialistas da gaita: Pablo Carpintero (Galiza), Alfonso fernández (Asturias), Mario Correia (Portugal) e Alberto Jambrina (Zamora), o III Concurso de gaiteiros Manuel Villanueva, actuacións de gaiteiros tradicionais e grupos e unha xuntanza-romaría a que quedades todos invitados. Nos próximos días máis info. Organiza A. C. Pai da Cana, Escola de Música Tradicional de Poio e Concello de Poio.

Comentarios

Comentarios fechados