jump to navigation

O Naranxo informa:Manifestación en Santiago de Compostela o domingo 20 de agosto ás 12h

13 de Agosto 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Novas
Trackback

Manifestación en Santiago de Compostela o domingo 20 de agosto ás 12h. reactívase a Plataforma Nunca Máis.

“Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes”. É o lema escollido pola comisión xestora da Plataforma Nunca Máis para a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela o domingo 20 de agosto ás 12h como un un chamamento á sociedade galega a mobilizarse activamente contra o terrorismo incendiario.

“O lema para ese día recolle tres ideas básicas, Lume Nunca Máis, por outro lado, Paremos o terrorismo incendiario, algo fundamental visto o modus operandi detectado nos lumes, e unha terceira parte, sen dubida a máis importante, que se refire á necesidade dun cambio nas políticas forestais e agrarias das últimas décadas, o cerne da cuestión..

Dende a Asociacíon Cultural “O Naranxo” facemos un chamamento a cidadania do Deza para que coa súa presencia en Santiago de unha mensaxe clara ós políticos de que é necesario xa un debate público, profundo e plural sobre o papel do monte, a súa ordenación, e a xestión con criterios medioambientais e anti-especuladores urbanisticos do medio natural galego para a posta en marcha de unha lexislación eficaz que ainda que custe VOTOS (por ese motivo levamos 20 anos de retraso.. non se fixo cáseque nada por non perder votos no rural) é necesaria para sacar a Galiza do atraso e rematar coa lacra dos incendios.

A tal fin, O Naranxo vai fletar un autobus que sairá o domingo 20 agosto as 10.30 de diante de a Cantina “O Galopín” para asistir a manifestación, e que voltará as 2.30 da tarde a Lalín. O prezo serán sobre 5 € por persoa. Para apuntarse chamar ó galopín ou mandando un sms ó 658911492 (K.G.) indicando nome e número de plazas. A Cantina “O Galopín” convidará as 10 da mañán a un almorzo ós que vaian a manifestación.

Comentarios

1. gaitomano - 17 de Agosto, 2006

Boas! hoxe estivemos facendo reconto da xente que xa temos apuntada para a manifestación (26 persoas), e poñendonos en contacto con elas.. tamén hai xente que nos comenta que os horarios de de volta non lles son os adecuados, e sabemos de outros 17 que van ir polos seus proprios medios usando o seu coche particular (10 coches).

Vendo as posibilidades e o que nos comentan os apuntados decidimos que imos suspender o aluguer do autobus, xa que de non encher as 64 prazas do bus, este sairia en mais dos 5 euros que temos calculado.

Asi estando as cousas, os/as que queiran ir a manifestación que nos manden un correo e buscaremos acomodalos nos coches particulares que teñan prazas libres que ainda son bastantes..

mais nada, vemonos o domingo na manifestación!!