jump to navigation

ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO NATALICIO DE EUGENIO GRANELL:

17 de Novembro 2006 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Novas
Trackback

Como ven sendo habitual dende desde hai  anos a Fundación Granell realiza un acto de conmemoración do natalicio do artista no mes de Novembro.
O presente ano a conmemoración consistirá nunhas xornada de portas abertas da institución, dende o día 22 ó día 29 de novembro, ambos incluídos. Ademais dunha convocatoria de homenaxe a Granell na rede a todo aquel/a que queira conmemorar o natalicio de Eugenio Granell, non ten porque ser artista, colgando da páxina web da institución unha obra de creación plástica,literaria, unha carta, unha nota….
As pezas enviadas estarán colgadas na páxina web na Fundación dende a apertura do prazo de convocatoria, o pasado día 7 do presente mes.

Na Semana de portas abertas  o público terá ocasión de facer un achegamento á figura de Eugenio Granell disfrutando de xeito gratuíto das exposicións por medio de visitas guiadas, ademais de ter a oportunidade de participar no xogo surrealista más senlleiro, o cadáver exquisito. Trátase de un xogo colectivo no que se resaltan valores como o sentido do humor a autoría colectiva dunha obra de arte, e o valor da creatividade como ferramenta do espírito humano non restrinxida ó ámbito da arte.
O acto de homenaxe institucional será o día 29 do presente mes ás oito do serán. Xornada na que, entre outras cousas, poderán verse en exposición os   resultados dos xogos surrealistas realizados na salas e as pezas de homenaxe colgadas na rede.

INFORMACIÓN PORMENORIZADA
NATALICIO GRANELL 2006:
CONVOCATORIA PARA ACTIVIDADES PREVIAS Ó PROPIO DIA :

-XORNADA DE PORTAS ABERTAS DURANTE A SEMANA  QUE ABRANGUE DENDE OS DÍAS MARTES 22 Ó  29 DE NOVEMBRO : ofrécense visitas guiadas e a posibilidade de participar nos xogos surrealistas colectivos .

–CONVOCATORIA DE REALIZACIÓN DE OBRA DE HOMENAXE A GRANELL PARA A REDE : PODERANSE COLGAR CARTAS, OBRAS DE CREACIÓN PLÁSTICA E LITERÁRIA…DENDEO DÍA 7 DE NOVEMBRO ATA O DÍA 29 DE NOVEMBRO.
Aberta a calquera linguaxe, só limitada polo peso das propostas. Só si o número de traballos presentados saturan o noso espazo na web da Fundación destinado a tal efecto, procederase  a unha selección dos mesmos. As obras estarán colgadas na rede dende o comezo do prazo de convocatoria.

-CONVOCATORIA PARA  REALIZACIÓN DE XOGO SURRELISTA NAS SALAS DA FUNDACIÓN GRANELL : AS PERSOAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NOS XOGOS PODERÁN FACELO A PARTIR DO DÍA 22 DE NOVEMBRO ATA O DÍA 29 AS SETE DA TARDE.

Obra colectiva para realizar no espazo do museo en homenaxe a Granell : Cadáver exquisito literario e plástico.
Colocaranse dous rolos de papel branco para intervir mediante o xogo surrealista cadáver exquisito, na súa versión plástica  e na súa versión literaria.
O xogo consiste en que cada persoa continúe un debuxo ou creación literaria iniciado por outra. De tal xeito que ninguén poda  ver o que lle antecede e o que lle precede.  O debuxo  continuo e o cadáver exquisito literario poderán verse a partir do día 29 de novembro no espazo do museo

– ACTO INSTITUCIONAL DE HOMENAXE A GRANELL O DÍA 29 DE NOVEMBRO, PARA CONMEMORAR A DATA DE NACEMENTO DO ARTISTA, REALIZARANSE AS SEGUIENTES ACTIVIDADES:
Exposición dos cadáveres exquisitos e dos traballos feitos par a  rede no espazo do museo .
-Acto institucional  de conmemoración ás oito do serán.

Para maís información :
981 542127 / info@fundacion-granell.org / www.fundacion-granell.org

Comentarios

Comentarios fechados