jump to navigation

Artistas galegos pedirán que a tradición musical figure no Estatuto de Autonomía

4 de Febreiro 2007 - Enviado por xan pampin a: Novas
Trackback

¿Debe a tradición musical galega figurar na redacción do vindeiro Estatuto de Autonomía?

 

 

 fonte:  http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=5511619

Esta foi a pregunta que lles formulou o compoñente de Luar na Lubre Bieito Romero a dez artistas no programa Un mundo de músicas, que conduce as fins de semana en Radio Voz. A opinión case unánime foi positiva respecto á posibilidade de que a música reciba un tratamento e unha protección específicas no documento, un recoñecemento que debería servir de pulo para mellorar a situación da música galega, segundo Romero. «Sería un paso de xigante, pero sen esquecer que tería que ser tamén o primeiro paso para poñer en marcha outras iniciativas», explica.

No programa que se emite esta tarde expoñeranse as opinións de Emilio Cao, Mini (A Quenlla), Óscar Fernández (ex Os Cempés), Guadi Galego, Miro Casabella, Xosé Lois Romero (Nova Galega de Danza), Sara Lourenço (Luar na Lubre), Manuel Rico e Xosé Ferreirós. Romero, que tamén preguntou aos artistas pola súa opinión acerca da situación actual da música en Galicia, adianta que a iniciativa terá continuidade noutros programas, para os que entrevistará a máis músicos e intelectuais. «Trátase de abrir o debate e propiciar a reflexión, ademais de ser unha chamada de atención á sensibilidade de quen deben ocuparse destas cousas», di Romero.

O gaiteiro de Luar na Lubre lembra que o Estatuto andaluz reivindicou o flamenco, e que Bretaña e Irlanda acadaron un nivel de protección e promoción das súas músicas que poderían servir como referencia. Romero cita ideas como o ensino da tradición musical galega nas escolas, a creación de museos ou arquivos etnográficos. «Temos unha gran riqueza, que ademais está viva, non é unha cousa do pasado, e hai que facer algo para valorala», resume.

Mesa de traballo

Romero cre que cantas máis opinións se escoiten, mellor, polo que confía en que a iniciativa teña continuidade e que desemboque nunha mesa de traballo que presente as propostas. «A música tamén é unha forma de identificación, como tamén o é o idioma, polo que cremos que sería bo que tivese un recoñecemento á súa especificidade», conclúe. «Un mundo de músicas». Radio Voz. De 17.00 a 18.00 horas.

Comentarios

1. Oscarfono - 4 de Febreiro, 2007

O de (ex Os Cempés) é un erro gordo de comunicación, ou de información,

Chámome Oscar Fernandez e ata que non se demostre o contrario actualmente son un membro de Os Cempés.

Non nos maten antes de tempo, porfavor.

Terei que chamar a Bieito….

2. gaitomano - 6 de Febreiro, 2007

jajjaaja que cabrons manipuladoreeeeees

3. Oscarfono - 6 de Febreiro, 2007

Que foi un erro hom, non sei a que ven o de cabrons e o outro.

4. Cameron - 6 de Febreiro, 2007

jejeje, deixade de ver House!
erro desafortunado, si

5. gaitomano - 6 de Febreiro, 2007

è brincadeira…..

6. Martin - 7 de Febreiro, 2007

escoitei o programa na web de Ghastas (en http://www.ghastaspista.com/estatuto), ta a coisa interesante, sabese algo de quenes falaran no vindeiro programa?