jump to navigation

Armando Martén no Ciclo Son de Pé

13 de Marzo 2007 - Enviado por gaitomano a: Axenda,Escea,Novas
Trackback

A vindeira semana a Danza Contemporánea fai a súa chegada a Cangas, non só porque o venres 17 de marzo teña lugar a representación de “Vacuo” do centro coreográfico galego no Auditorio Municipal, senon porque, e chamémoslle casualidade o bailarín e coreógrafo de orixe cubana Armando Martén ofrecerá un obradoiro de danza e unha actuación no Ciclo “Son de Pé” que organizan a asociación “3º Pé.Andar Criativo” e a SalaSon de Cangas do Morrazo.

O obradoiro terá lugar o sábado 18 e o domingo 19, en horario intensivo de mañá e tarde (das 11:00 en adiante), nas instalacións da SalaSon (Rúa do Lirio 30 baixo, Cangas do Morrazo). A matrícula é do 60 €, agás estudantes, desempregados e xente que se apunte a mais dun obradoiro deste ciclo, para quenes terá un desconto do 50%, é dicir, 30 €..

O prazo de inscripción é ata o xoves 16 de marzo, e para inscribirse tan só hai que chamar ao teléfono 666 014 494.

En canto á actuación o bailarín ofrecerá un Laboratorio de Danza Contemporánea o domingo 19 de marzo, ás 20:30, na propia SalaSon, e o prezo da entrada é de 3€.

Unha ocasión única para desfrutar deste artista no Morrazo, tanto a nivel formativo tanto como a nivel de espectáculo.

Armando Martén, bailarín e coreógrafo de orixe cubana, foi membro do Ballet Nacional de D

Comentarios

Comentarios fechados