jump to navigation

Confirmado o cartel do festival REPERKUSIÓN08 en Allariz

21 de Agosto 2008 - Enviado por Folque a: Axenda,Novas
Trackback

O festival conta con artistas de 1ª liña, de renome nacional e internac ional e trae por primeira vez a Galicia a grupos como 2manydj s e Roy PacI & Aretuska. As entradas do festival saen hoxe a venda cun prezo reducido ata o 1 de setembro.

O 19, 20 e 21 de setembro son as datas escollidas para celebrar a sexta edición de Reperkusión. O lugar, Allariz, un enclave natural que se atopa na provincia de Ourense. Nesta ocasión o festival recupera o espírito de rúa co que se orixinou, levando actividades e espectáculos fóra dos recintos habituais. A falla de pechar os últimos flecos, xa se confirmou o cartel deste ano, con concertos, djs e actuacións de rúa para todos os gustos:

cartel_Reperkusion08.jpg


VENRES 19

SÁBADO 20

DOMINGO 21

A oferta cultural de Reperkusión amplíase con obradoiros, mercadiños, pasarrúas, exposicións, performances, etc… Celebrarase tamén a VI edición do Encontro de Malabares
e Artes do Circo, que congrega artistas chegados dende toda España.

Como en anteriores edicións, a música e a cultura dánse cita en Allariz para unir artistas de distintas disciplinas (música, danza, teatro, circo, fotografía, etc…) durante 3 días e 3 noites de festicultura.

Os espectáculos repártense en tres localizacións:

máis info en www.reperkusion.com

Comentarios

Comentarios fechados