jump to navigation

SITUACIÓN DO CONSERVATORIO FOLQUE

1 de Outubro 2007 - Enviado por gaitomano a: Escritos,Novas
Trackback

A equipa docente do CMTF segue en reunións co Patronato Cultural de Lalín por temas relacionados con o orzamento do centro. Desde o ano 2000 non se ten variado este orzamento e todo o conseguido a maiores polo CMTF foi fruto de autoxestión a raiz de organizar a Asociación do CMTF, plataforma que sirveu para mellorar e ampliar o proxecto de centro dentro e fora de Lalín.

Para exemplos o Ciclo Trad de Pontevedra, a Aula Folque Infantil de Pontevedra, o Encontro de Zanfona de Narón, o Encontro galego de acordeón diatónico, A mostra de Pandeireta e pandeiro en Pontevedra, o deseño do Circuito 4×4, o convenio de actividades paralelas con a Dirección Xeral de Creación e Difusión cultural da Xunta de Galicia… todo elo foi, traballo de xestión da Asociación do centro. Isto por un lado repercutiu nunha mellora laboral da equipa docente e en multiples posibilidades para o alumnado que ten desexo de profesionalizarse no sector.

Agradecemos tambem ao patronato o orzamento adicado nestes 7 anos para mercar unha mínima instrumentación para a Escola Folque Infantil, a amplificación, a zanfona de estudio, o acordeón diatónico de estudio, algo de bibliografia e fonoteca, ademais da logística propria do centro en si.

Desde a As. do CMTF propoñemos un novo proxecto de centro donde haxa salarios dignos, donde se poda introducir mais materias no PCC, donde o centro sexa entendido como único, exclusivo sen comparación con outro, donde o centro sexa integrado na comarca a nivel programación cultural, … Este novo proxecto está  aberto para Lalín e outros concellos interesados de Galiza, é unha factoria musical independente para a creación sobre os pilares da música tradicional galega.

Agradecemos a fidelidade e interese do noso alumnado ó cal lle gardamos grande respeito e cariño . E queremos comunicar-lles que serán os primeiros/as en coñecer os movimentos da Asociación arredor deste tema ben pola pag.web ben por un mail persoal.

Asdo. Ugia Pedreira. Dirección. As. do CMTF.

Comentarios

1. Foucellas - 8 de Outubro, 2007

Neniña, a ver se mellora-lo teu galego escrito. Hai cursos.

2. Manuel - 26 de Outubro, 2007

Se queres salarios dignos e estabilidade traballade para ela como demostrastes saber segun o que escribides aqui, pero non sobre subencion que asi e totalmente irreal

3. pepa - 31 de Outubro, 2007

melloras o teu galego- é mais correcto que comelo caldo.

4. pepa - 31 de Outubro, 2007

creo que o galego que está escrito é bon, eu prefiro “mellorar o” que “mellora-lo” ou “come-lo caldo” lololo. Creo que o CMTF ten demostrado moito polo presente, futuro da música galega e creo que esta ekipa saben o que fan. Forza.

5. bitxo - 14 de Novembro, 2007

Estos músicos de Lalín deron en pouco tempo unha volta importantisima á musica do pais. Mágoa que non houbese unha rede intelectual que explicara todo o que eles e mais elas construiron e estan a construir. Desde Lugo, ánimo e para diante alí donde elixades ir.

6. mirinho - 4 de Decembro, 2007

A estas alturas e aínda non hai nada decidido nin se comezaron as aulas…

Unha vergoña para a cultura deste país. Unha vergoña para os políticos que nos gobernan…

Ánimo e forza!!!!