Monográficos ’09: gaita e canto, matrícula por separado
16 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Anunciamos que para os monográficos de gaita e canto, a matrícula pódese facer por separado naqueles apartados que máis vos presten. Así non teredes que asistir a todo o curso, se non queredes.
Lembrade que o prazo de preinscripción remata este venres 20 de febreiro.
Estas son as tarifas dos cursos por separado:
Monográfico de canto: 220 € (28 h)
- “Técnicas de canto en grupo” con Ramón Bermejo: 80 € (8 h)
- “Técnica vocal e interpertación” con Paulina Ceremuzynska:120 € (12 h)
- “Repertorio de Bergantiños con pandeireta” con Fransy González (Xiradela): 80 h (8 h)
Monográfico de gaita antiga: 260 € (26 h)
- “Gaitas troncais” con Xavier Blanco: 20 € (2 h)
- “A gaita de fol nas marxes do Lérez” con Óscar Ibáñez: 80 € (8 h)
- “Tipoloxías, dixitación e repertorio nas gaitas de fol galegas” con Pablo Carpintero 80 € (8 h)
- “A gaita clásica” con Juanjo Fernández 80 € (8 h)
Para os detalles dos cursos, sinopse, biografías dos mestre, datas,… seguide esta ligazón: http://folque.com/01.060602wp/?page_id=1244
Fin de xira ibérica do dúo Quintá-Fernández
16 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Rematou este mércores nunha bonita e informal festa na Repichoca a xira que levou a este dúo de zanfona e acordeón co apoio na percusión de Pulpiño Viascón e logo as espontáneas voces das pandereteiras deste mítica taberna en Orillamar.
Adxuntamos unha foto do concerto que abriu en Logroño esta pequena xira por escolas de música tradicional . Agradecemos a Benxamín Otero a captación da imaxe.
Itinerario histórico-musical de Monforte
13 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón. Avance
12 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: aCF Actividades,NovasComentarios fechados
O Encontro coa Zanfona Contemporánea que cada ano se vén celebrando en Narón por estas datas chega a súa V edición. Terá lugar entre o 13 e o 15 de marzal en diferentes puntos deste concello e reunirá a interesados por este instrumento milenario que está a rexurdir con moita forza nos últimos anos en toda Europa e baixo diferentes estilos e apreciacións.
O Encontro coa Zanfona Contemporánea é unha produción de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, que organiza cada ano co Padroado de Cultura do Concello de Narón e logo de catro edicións convertíuse nun referente pedagóxico e escénico montado ao redor deste instrumento milenario cunha orientación moderna para dar a coñecer as últimas e variadas tendencias da zanfona. A repercusión deste festival chega a unha grande parte do público interesado neste tipo de músicas pola especificidade da proposta e a achega de “maestros” internacionais á Ferrolterra.
Os anos anteriores viñeron até Narón uns dos mellores representantes europeos deste instrumento: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.
O mestre invitado é Grégory Jolivet, un novo valor do centro de Francia cunha longa experiencia nos escenarios. Dado a coñecer internacionalmente logo de sustituir ao mítico Nigel Eaton como zanfonista da histórica banda inglesa Blowzabella e cunha sólida traxectoria como solista e en formacións de dúo e trio. Compartirá escenario nos concertos do venres no Auditorio de Narón con Xarnege, un colectivo transfonterizo de bascos e gascóns.
A la Habana quiero ir
11 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
“A la Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba”. É o título dun libro que acaba de sair do prelo e que publica a editorial Sotelo Blanco e promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Está escrito polo profesor de Historia e director artístico de aCentral Folque, Ramom Pinheiro Almuinha.
Este libro recolle as investigacións que o escritor fixo sobre a conexión musical que dos galegos ao longo de décadas cando se empezou a emigrar masivamente a este lugar do Caribe no século XIX.
Un exhaustivo traballo organizado en dúas seccións: a presencia da comunidade galega na illa e a súa estructuración social (veladas artísticas, agrupacións, sociedaes de instrución…) e a música dos galegos en Cuba así como a súa hibridación coas tradicións locais.
En fin, un ensaio interesante, con boas fotografías e de lectura amena que o autor presentará na Feira do Libro de La Habana a vindeira semana.
Desgraciadamente é unha edición de tirada limitada e este libro non se atopará facilmente. Haberá algún exemplar na biblioteca de aCentral Folque para consulta e esperamos que teña unha reedición pronto.
A la Habana quiero ir. E quen non?
últimos concertos da caravana de GZnonsevende
10 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Últimas paradas da Caravana de concertos de Galiza Non Se Vende:
Xoves, 12 de febreiro en Ourense un concerto especial de entroido no dia de compadres do entroido ourensan: con actividades desde as 18:00 con obradoiro de compadres na rua do paseo,
- ás 19:45 Desafio: Capitalismo-Terra na rua do Paseo con rolda de prensa incluida,
- ás 20:00 pasaruas con percusión e malavares até o Grándola, na Praza San Marcial,
- ás 20:15 Repichoca de compadres-GNSV no Grándola con Algaravia e Gomes Mouro,
- ás 21:15 Pasaruas con percusión e malavares até o Auriense na Praza do Correxidor,
- ás 21:30 concerto no Auriense cos grupos: Guezos e Airas
- ás 24:00 Persecución de compadres desde o Faíscas na rua Lúa.
Sábado, 14 de febreiro en Corrubedo,
- ás 22:00 na Sala Sursumcorda, onde actuarán os gruposs: Os Jalochos, Charanga punki, os Chiquiliquatres, e Inllorfeis.
Domingo 15 de febreiro en Compostela, último concerto de esta caravana, coincidindo coa manifestación nacional de Galiza Non Se Vende,
- ás 17:30 na Sala Nasa. Onde tocarán os grupos: Os da Ría, The Homens, Quempallou e Dakidarría.
Ciclo primavera-verán Forumfolk 09
9 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
O ciclo Forumfolk naceu en outono 2008 como un espazo do Forum Metropolitano adicado a presentar novas propostas do folk galego e da música tradicional co propósito de dar a coñecer as novas tendenzas dentro das creacións galegas ligadas as tradicións e abertos a explorar novos horizontes, bien sexa a través da fusión con outros estilos musicais o experimentando con novos formatos e instrumentacións.
Novo disco de The Idan Raichel Project
9 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
O novo disco de The Idan Raichel Project, Within my walls, estará dispoñible para a súa descarga en iTunes a partires do 24 de febreiro, e moi pronto en tendas de todo o mundo. Neste segundo lanzamento internacional, una vez máis, o músico israelí derruba fronteiras e límites musicais, con colaboracións como as de Mayra Andrade (Cabo Verde), Marta Gómez (Colombia), Somi (Ruanda / Uganda) e moitos outros destacados artistas.
Within My Walls will sae á venda en todo o mundo a finais de marzo.
Para máis información visita a web de www.nonsi.es
Dúo Fdz. & Quintá en xira polo norte peninsular
6 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Este dúo de sanfona e acordeón diatónico vaise de xira por terras riojanas, bascas e asturianas durante a vindeira semana de febreiro. Ademais o mércores 11 termina a xira cunha celebración en A Repichoca na Rúa Orillamar de Coruña ás 21.30 con entrada libre e reencontro coa galeguidade…
Estas son as datas dos concertos acústicos do Dúo Fdz. & Quintá:
- Dia 8 Logroño Escuela de Gaita y Tambor de Alberite
- Dia 9 Hernani, Herri Musikaren Txokoa – Centro de la Música Popular de Hernani.
- Dia 10, Xixon. Escuela de Música Tradicional “La Quintana”
Xavier Díaz na Gentalha do Pichel este venres
4 de Febreiro 2009 - Enviado por Folque a: NovasComentarios fechados
Este cantor carismático e persoal actuará esta sexta feria (venres) 6 de febreiro no Centro Social da Gentalha do Pichel, local situado en fronte do convento de Santa Clara en Santiago de Compostela.
Cantará as “Coplas para Icia” a partir das 21h30.
O prezo das entradas será de 4 euros.
Visita a súa web: www.xabierdiaz.com
Podes oir temas deste traballo no seu Myspace: www.myspace.com/xabierdiaz