IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva
30 de Abril 2009 - Enviado por Folque a: Concertos,Concursos,NovasTrackback
Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio a cuarta edición deste encontro de gaitas de fol do noroeste na que se encadra o VI Concurso de gaitas Manuel Villanueva entre outras actividades.
FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_exterior.pdf
FOLLETO_MANUEL_VILLANUEVA_interior.pdf
Programa:
Venres 5 de xuño. 20 h Casal de Ferreirós (San Salvador)
- Presentación CD V Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA
- Actuación de Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas), conxunto gañador da V edición
- Inauguración da exposición “Olladas” do pintor pontevedrés F. Sutil
Sábado 6 de xuño
- 10 h ALBORADA a cargo dos grupos Pai da Cana, Escola de Música Tradicional de Poio, Vides Novas e Os do luns
- 12h RELATORIOS
- A gaita-de-fol no patrimonio musical de América latina. Os exemplos de Cuba e Arxentina. Ramom Pinheiro Almuinha. Historiador e profesor en aCentral Folque
- O gaiteiro moderno, técnica expandida e música contemporánea. Paulo González. Músico e compositor
- 18 h Praza da Chousa (Combarro)
- CERTAME DE GAITA DE FOL
- Actuación do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana
- Entrega de premios
O VI Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencian as novas composicións para gaita galega e o repertorio da tradición gaitística de Poio, ao tempo que se recupera a gaita tombal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia nas marxes do Lérez ata a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita de fol galega en calquera tonalidade e dixitación. O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.
PREMIOS:
1º Premio ………………………………………………… 1.500 €, diploma e trofeo
2º Premio ………………………………………………… 1.100 €, diploma e trofeo
3º Premio …………………………………………………… 800 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUEL VILLANUEVA ………………. 1.200 €, diploma e trofeo
Máis información:
contacto@paidacana.com
paidacana@hotmail.com
http://www.oscaribanez.com
Comentarios
Comentarios fechados